Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2013 pola que se notifican as resolucións ditadas en tres expedientes.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente resolución notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Advírteselles aos interesados de que contra as resolucións, as cales esgotan a vía administrativa, poderán interpor un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2013

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº de expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data da resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG156.2011.1.12

Federación Emp. Innovadora Gallega de Asociaciones Proveedoras de la Construcción

Axudas á internacionalización das empresas galegas. Liña seminarios internacionalización (Resolución do 31 de xaneiro de 2011, DOG núm. 22, do 2 de febreiro)

7.3.2013

Director xeral do Igape

Resolución de recurso de reposición

IG156.2011.1.13

Asociación de Excavadores de Galicia-Aexga

Axudas á internacionalización das empresas galegas. Liña seminarios internacionalización (Resolución do 31 de xaneiro de 2011, DOG núm. 22, do 2 de febreiro)

7.3.2013

Director xeral do Igape

Resolución de recurso de reposición

IG163.2008.1.1749

Calfonber, S.L.

Axudas para o acceso e adecuación do financiamento das pemes-liña 2: programa de refinanciamento de pasivos (Resolución do 4 de novembro de 2008, DOG núm. 215, do 5 de novembro)

1.3.2013

Director xeral do Igape

Resolución de recurso de reposición