Aprobado definitivamente o orzamento da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés para o exercicio de 2013 por acordo adoptado polo Pleno en sesión extraordinaria do 15 de marzo de 2013, en cumprimento do disposto no artigo 169.3º do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, faise público que o dito orzamento ascende no estado de gastos e no de ingresos a trinta e oito mil cincocentos euros (38.500,00 €), e que corresponden a cada capítulo as cantidades que a continuación se expresan co seguinte detalle:
| Estado de gastos | |
| Operacións non financeiras | |
| A) Gastos por operacións correntes | |
| Capítulo I: gastos de persoal | 17.850,00 € | 
| Capítulo II: gastos en bens correntes e servizos | 19.450,00 € | 
| Capítulo III: gastos financeiros | 100,00 € | 
| Capítulo IV: transferencias correntes | 0,00 € | 
| B) Gastos por operacións de capital | |
| Capítulo VI: investimentos reais | 1.100,00 € | 
| Capítulo VII: transferencias de capital | 0,00 € | 
| Operacións financeiras | |
| Capítulo VIII: activos financeiros | 0,00 € | 
| Capítulo IX: pasivos financeiros | 0,00 € | 
| Total: | 38.500,00 € | 
| Estado de ingresos | |
| Operacións non financeiras | |
| A) Ingresos por operacións correntes | |
| Capítulo I: impostos directos | 0,00 € | 
| Capítulo II: impostos indirectos | 0,00 € | 
| Capítulo III: taxas e outros ingresos | 0,00 € | 
| Capítulo IV: transferencias correntes | 38.187,27 € | 
| Capítulo V: ingresos patrimoniais | 312,73 € | 
| B) Ingresos por operacións de capital | |
| Capítulo VI: alleamento investimentos reais | 0,00 € | 
| Capítulo VII: transferencias de capital | 0,00 € | 
| Operacións financeiras | |
| Capítulo VIII: activos financeiros | 0,00 € | 
| Capítulo IX: pasivos financeiros | 0,00 € | 
| Total: | 38.500,00 € | 
De forma conxunta aprobáronse as bases de execución e o cadro de persoal que se reproduce a continuación:
Persoal laboral temporal:
– Administrativa (1).
– Peón (1).
Paradela, 15 de abril de 2013
José Manuel Mato Díaz
Presidente da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

 
					
					
					