Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14558

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO (expediente FG número 581).

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 27 de marzo de 2013, acordou entre outros:

Primeiro. Atender o requirimento de anulación do Acordo plenario do Concello de Oleiros do 27 de decembro de 2012, de aprobación definitiva do estudo de detalle do polígono 22 A Xesteira, concello de Oleiros, deixando sen efecto o estudo de detalle, documento nº 14211, do 25 de setembro de 2012, e procedendo ao seu arquivo.

Segundo. Resolver os escritos presentados, desestimando o escrito presentado por Fomento sobre aproveitamentos urbanísticos de 95 m2 expropiados e destinados a vía e emendando titularidades dentro do ámbito do POL-22, de conformidade co informe xurídico emitido o 17 de decembro de 2012.

Terceiro. Aprobar o documento do 26 de febreiro de 2013 e nº 2261 de estudo de detalle do polígono 22 A Xesteira, concello de Oleiros, no cal se emendaron as deficiencias observadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, coas seguintes condicións:

– Deberá terse en conta, no momento de redactar o proxecto de compensación e de urbanización, que parte da obra do paseo marítimo xa está executada e que non foi custeada polos propietarios.

– Os proxectos de urbanización e construción das edificacións quedan suxeitos ás seguintes condicións:

• O deseño do acceso á rúa Marisqueira será acorde co movemento autorizado.

• As canalizacións que se van implantar paralelas á AC-12 e a urbanización dos terreos entre a liña de edificación e a aresta exterior da calzada deseñaranse de xeito que non supoñan novas afeccións ao proxecto elaborado polo Ministerio de Fomento para a zona e precisarán da oportuna autorización. Preverase, ademais, a reposición baixo a beirarrúa dos elementos afectados.

• Os edificios deseñaranse e construiranse de xeito que dean cumprimento á normativa sobre o ruído.

• Os muros de soto próximos á AC-12 construiranse de xeito que non afecten a estabilidade da estrada e mantendo o tránsito rodado e peonil con seguridade.

• As obras de reparación e mellora posibles no equipamento público precisarán de autorización da Comunidade Autónoma, corrixindo así o último parágrafo do punto 6.4 da memoria.

Faise constar que con data do 8 de abril de 2013 se remitiu a documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002 á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que reciba a notificación deste acordo. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que reciba a dita notificación.

Tamén poderá interpoñer o recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formularen a solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1) e 105.2) da dita lei.

Por isto queda sen efecto a publicación do DOG nº 25, do 5 de febreiro de 2013.

Oleiros, 8 de abril de 2013

Ángel García Seoane
Alcalde presidente