Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2013 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de sistema de espectrometría de masas de alta resolución (expediente 5/13).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais. Campus As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4) Teléfono: 986 81 37 67.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8) Data límite de obtención de documentación e información: 27.5.2013.

d) Número de expediente: 5/13.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: sistema de espectrometría de masas de alta resolución.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación (CACTI) no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

2) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

e) Prazo de entrega: 60 días naturais.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 38300000-8 e CPA: 32.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1) Calidade do equipamento ofrecido: 50 puntos.

2) Redución do importe de licitación: 40 puntos.

3) Ampliación da garantía: 10 puntos, de acordo co establecido na folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 585.000 €.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto 585.000 € + 122.850 € de IVE.

6. Garantías exixidas: provisional non se exixe. Definitiva (5 % do importe de adxudicación sen IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla resumo de características.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 3.6.2013.

b) Modalidade de presentación: papel tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4) Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario; aproximadamente 2.500 euros.

11. Outras informacións: proxecto Biocaps. Expediente (referencia): FP7-REGPOT-2012-2013-1. Referencia: 316265. Programa de financiamento: 7º Programa marco. Subprograma Capacities (Research Potencial). Organismo financiador: Comisón Europea. Finánciase parcialmente nun 90 %. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 31.8.2013.

Vigo, 25 de abril de 2013.

P.D. (Resolución 5.9.2011, DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo