Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14950

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2013, da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio, para a contratación das obras de remate da construción dun centro de día no concello da Pobra do Caramiñal.

Este Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/OBR/001/13.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: contratación dunha obra de remate da construción dun centro de día para 40 usuarios no concello da Pobra do Caramiñal conforme o proxecto modificado nº 2 aprobado pola xerencia do Consorcio.

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 285.780,95 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5 % do orzamento da adxudicación excluído IVE).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono de información: 981 56 87 05.

e) Telefax: 981 56 88 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org

7. Requisitos específicos do/a contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se coincide en sábado ou festivo pasará ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de se tratar de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas, indicarase no exterior do sobre A, o número do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o que a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o décimo quinto (15º) día natural seguinte ao de rematar o prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado ou festivo, pasará ao seguinte día hábil.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións:

– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil de contratante.

– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre C se atrase, farase pública a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil de contratante.

11. Gastos dos anuncios: os anuncios da presente licitación serán por conta da persoa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2013

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar