Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2013 Páx. 15359

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2013 pola que se nomean os membros da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

A Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, instrumento de protección e defensa das partes que interveñen na actividade de transporte, creouse, no marco da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, por Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 9 de outubro de 1991 (Diario Oficial de Galicia número 232, do 23 de outubro).

A última actualización dos seus membros realizouse por Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do 2 de outubro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 200, do 13 de outubro), e o tempo transcorrido desde entón aconsella unha nova modificación que acomode a composición ás novas dispoñibilidades de medios e de persoal da Administración.

Por outra banda, o Comité Galego de Transportes comunicou o seu desexo de modificar os seus representantes, tanto para as empresas de transporte de viaxeiros como de mercadorías. Así mesmo, a Confederación de Empresarios de Galicia comunicou o cesamento das persoas que ata entón tiña designadas como representantes das empresas cargadoras, e designou un novo representante. Desta maneira, resulta axeitado para o funcionamento da Xunta Arbitral modificar a composición tamén no que afecta a ambos os dous órganos.

A modificación afecta unicamente algúns dos membros do órgano arbitral, nos termos indicados, pero, por motivos de claridade, considérase axeitado reproducir nesta resolución a súa composición completa.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear membros titulares e suplentes da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia as persoas que a seguir se relacionan:

1. Presidente/a:

1.1. Titular:

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte da Dirección Xeral de Mobilidade.

1.2. Suplentes:

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte da Dirección Xeral de Mobilidade.

– A persoa titular da xefatura do Servizo de Concesións da Dirección Xeral de Mobilidade.

2. Vogais:

2.1. Representantes da Administración:

2.1.1. Titulares:

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte da Dirección Xeral de Mobilidade.

– A persoa titular da xefatura do Servizo de Concesións da Dirección Xeral de Mobilidade.

2.1.2. Suplentes:

– A persoa titular da xefatura de Autorizacións, Informes e Xunta Arbitral da Dirección Xeral de Mobilidade.

- A persoa titular do Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte da Dirección Xeral de Mobilidade.

– A persoa titular do Servizo de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Mobilidade.

2.2. Representante das empresas de transporte por ferrocarril:

– Vacante.

2.3. Representante das empresas de transporte de viaxeiros e viaxeiras, por proposta do Comité Galego de Transportes:

2.3.1. Titular:

– José Carlos García Cumplido.

2.3.2. Suplente:

– Raquel García Varela.

2.4. Representante das empresas de transporte de mercadorías e das actividades auxiliares e complementarias do transporte, por proposta do Comité Galego de Transportes:

2.4.1. Titular:

– José Carlos García Cumplido.

2.4.2. Suplente:

– Raquel García Varela.

2.5. Representante das persoas consumidoras e usuarias, por proposta do Consello Galego de Consumidores e Usuarios:

2.5.1. Titular:

– Rocío Arnoso Moure.

2.5.2. Suplente:

– Vacante.

2.6. Representante das empresas cargadoras, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:

2.6.1. Titular:

– José Manuel Maceira Blanco.

2.6.2. Suplente:

– Vacante.

3. Secretario/a:

3.1. Titular:

– A persoa titular do Servizo de Estudos e Apoio Xurídico da Dirección Xeral de Mobilidade.

3.2. Suplente:

– A persoa titular do Servizo de Autorizacións, Informes e Xunta Arbitral da Dirección Xeral de Mobilidade.

4. A designación dos membros correspondentes á Administración entenderase condicionada a que as persoas que ocupen os postos indicados teñan o título de licenciado en dereito ou equivalente.

5. A composición establecida nesta resolución será aplicable para as vistas e actos da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia que se realicen a partir do día 27 de maio de 2013; para os anteriores a esa data, entenderase aplicable a composición vixente ata entón.

6. Derrógase a Resolución do 2 de outubro de 2009, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se nomean os membros da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 200, do 13 de outubro).

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2013

Miguel Rodríguez Bugarín
Director xeral de Mobilidade