Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 15954

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área do Servizo Galego de Saúde.

De conformidade co establecido no Decreto 198/2012, do 27 de setembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 194, do 10 de outubro), este centro directivo, logo da negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación e no uso das competencias que lle atribúe o artigo 8 do mencionado decreto e o artigo 4.1.b) da Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde resolve convocar concurso-oposición para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista de área de diversas especialidades, de acordo coas seguintes

Bases

I. Normas xerais

1.1. Prazas.

1.1.1. Convócase concurso-oposición para o ingreso nas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área que se especifican no anexo I da presente resolución.

1.1.2. O número de prazas que se convoca neste proceso selectivo é o que se especifica, para cada unha das especialidades, no citado anexo I, con expresión diferenciada das prazas polo seu sistema de acceso.

1.2. Sistemas de acceso.

As persoas interesadas poderán participar neste proceso selectivo por algún dos seguintes sistemas de aceso: acceso libre, acceso de persoas con discapacidade ou promoción interna.

Os/as aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas. Logo de finalizado o prazo de inscrición, non se permitirá ningún cambio na modalidade de acceso.

1.3. Persoas con discapacidade.

1.3.1. De conformidade co establecido na disposición adicional sétima.5) do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e o artigo 6.2 do Decreto 198/2012, do 27 de setembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2012, do total das vacantes incluídas na oferta reservarase unha cota do 5 % para ser cuberta por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade e a compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

1.3.2. Cando da aplicación da citada porcentaxe resulten fraccións decimais redondearase por exceso para o seu cómputo.

1.3.3. O número de prazas reservadas nesta convocatoria para o acceso por persoas con discapacidade concrétase no anexo I.

1.3.4. Por terse acadado o obxectivo do 2 % a que se refire a disposición adicional sétima.un do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, as prazas non cubertas por este sistema de acceso acumularanse ás restantes de acceso libre.

1.3.5. No suposto de que algun/algunha aspirante con discapacidade que se tivese presentado pola cota de reserva superase o proceso selectivo e non obtivese praza na citada cota, sendo a súa puntuación superior á obtida por outros/as aspirantes da quenda de acceso libre, será incluído/a pola súa orde de puntuación na quenda de acceso libre.

1.3.6. Os/as aspirantes con discapacidade, opten ou non opten por participar na quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitar adaptación de tempo e medios para a realización dos exercicios. Os/as interesados/as, agás causas sobrevidas, deberán formular a correspondente petición concreta na solicitude de participación en que deberán reflectir con claridade as necesidades específicas que ten o/a candidato/a para acceder ao proceso de selección en condicións de igualdade, e deberá achegar o ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grao de discapacidade competente, acreditando de forma fidedigna a/s deficiencia/s permanente/s que deron orixe ao grao de discapacidade recoñecido.

As solicitudes de adaptación serán resoltas polos respectivos órganos de selección. Para tal efecto, os tribunais poderán requirir informe e, se é o caso, a colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou dos demais órganos competentes. A adaptación non se outorgará de forma automática, senón unicamente naqueles casos en que a discapacidade garde relación directa coa proba que se vai realizar.

1.3.7. A fin de garantir a protección da saúde dos/das aspirantes que superen definitivamente o proceso selectivo pola quenda de reserva de persoas con discapacidade, efectuarase unha avaliación inicial da súa saúde que permita adoptar as medidas preventivas e de protección necesarias para evitar que se poidan ver afectados/as de xeito singular por algún risco laboral identificado no seu posto de traballo. A dita avaliación será realizada pola unidade periférica de prevención de riscos laborais de referencia para o centro de xestión a que pertenza a praza adxudicada.

1.4. Promoción interna.

1.4.1. De conformidade co establecido no artigo 25.1 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, e o artigo 5.2 do Decreto 198/2012, do 27 de setembro, en atención ás especiais circunstancias que concorren nas diversas categorías/especialidades e logo da súa aprobación no ámbito da Mesa Sectorial de Negociación, establécese unha porcentaxe de prazas reservadas para o sistema de promoción interna do 25 % do total das prazas ofertadas en cada especialidade.

1.4.2. De conformidade co establecido no artigo 5.3 do Decreto 198/2012 anteriormente citado, cando o resultado da aplicación da citada porcentaxe dea un resto igual ou superior a 0,5 prazas, computarase como unha praza que se incluirá nesta reserva.

1.4.3. As prazas da quenda de promoción interna que non sexan cubertas acumularanse ás da quenda de acceso libre.

II. Requisitos

As persoas interesadas en participar neste proceso deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter ata a toma de posesión como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde os seguintes requisitos:

2.1. Requisitos comúns para todas as quendas de acceso.

2.1.1. Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado no cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.

c) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o/a cónxuxe dos/das españois/españolas e dos/das nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea e o dos/das nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, sempre que non estean separados/as de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os/as seus/súas descendentes e os/as do seu cónxuxe sempre que non estean separados/as de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.

2.1.2. Idade: ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder a idade de xubilación forzosa legalmente vixente.

2.1.3. Capacidade funcional: posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do correspondente nomeamento.

2.1.4. Habilitación: non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non encontrarse inhabilitado/a por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

2.1.5. Titulación: estar en posesión da titulación que, para cada unha das especialidades que se convocan, se especifica no anexo I desta resolución ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título a efectos profesionais ao abeiro do disposto no Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorpora ao ordenamento xurídico español a Directiva comunitaria 2005/36/CE.

2.1.6. Aboar as taxas por dereito de exame, de ser o caso.

2.1.7. Non poderá participar no proceso selectivo o persoal estatutario fixo da mesma categoría e especialidade.

2.2. Requisitos específicos.

2.2.1. Persoas con discapacidade.

Ademais dos requisitos anteriores, os/as aspirantes que se presenten pola quenda de persoas con discapacidade terán que ter recoñecida a condición legal de persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento.

2.2.2. Promoción interna.

As persoas aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais dos requisitos indicados no número 2.1, os seguintes requisitos:

1º Ter a condición de persoal estatutario fixo doutra categoría/especialidade de nivel académico igual ou inferior á aquela a que se pretende acceder.

2º Estar en servizo activo en institucións sanitarias do Sistema Público de Saúde de Galicia e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría/especialidade de procedencia.

Ao persoal integrado no réxime estatutario seralle computado, para os efectos do prazo dos dous anos, o tempo de servizos prestados como funcionario/a de carreira ou laboral fixo.

No suposto de perda dalgún dos requisitos enumerados nesta base, as persoas aspirantes poderán ser excluídas do proceso mediante resolución motivada do órgano convocante.

2.3. Taxas.

2.3.1 Formalización do pagamento das taxas:

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e na Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013 como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 40,74 € e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación como o sinalado no anexo VII. Tal impreso, así como os códigos para a súa formalización, seranlles facilitados ás persoas interesadas nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e estarán dispoñibles, así mesmo, na páxina web do Servizo Galego de Saúde. A non presentación deste impreso de autoliquidación -no cal deberá figurar a data e o selo da entidade bancaria, xunto co formulario de inscrición no proceso, determinará a exclusión da persoa aspirante.

Poderase tamén realizar o pagamento da taxa por internet nas entidades financeiras actualmente autorizadas. Para isto, deberán acceder á oficina tributaria, a través da oficina virtual na páxina web do CIXTEC (www.cixtec.es) e premer a ligazón Oficina Virtual-Tributaria (cor azul), entrar a servizos de acceso libre e taxas, prezos, multas e sancións. Neste caso, unha vez efectuado o pagamento da taxa correspondente, imprimirase o xustificante de ter aboada a taxa, que será o que se presente xunto coa solicitude. Así mesmo, o/a solicitante poderá facer efectivo o pagamento da taxa desde Fides, habilitándose un enlace directo ao sistema de pagamento electrónico de taxas da Consellería de Facenda.

En ambos supostos, a presentación do xustificante de aboamento non suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso.

2.3.2. Exención e bonificación no aboamento da taxa.

Estarán exentos do pagamento da taxa por dereito de inscrición:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Aplicarase unha bonificación do 50 % á inscrición solicitada:

– Polas persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.

– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando xunto coa solicitude de participación no proceso a seguinte documentación:

– Copia compulsada da cualificación de discapacidade.

– Copia compulsada do título oficial de familia numerosa, de carácter ordinario ou especial.

– Certificación negativa da percepción actual de prestación/subsidio por desemprego e da antigüidade como demandante de emprego expedida polo Servizo Público de Emprego.

2.3.3. Devolución de taxas.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, aos/ás aspirantes excluídos/as que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

2.4. Rexistro electrónico dos requisitos de participación.

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deberán declarar no formulario electrónico de inscrición que reúnen todos os requisitos de participación exixidos nesta convocatoria segundo a quenda de acceso pola que opten. Ao formulario electrónico de inscrición accederase a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) no apartado Fides/expedient-e/Sección de procesos/OPE.

2.5. Prazo e procedemento de acreditación dos requisitos de participación.

2.5.1. As persoas aspirantes deberán presentar xunto coa solicitude de participación, e dentro do prazo de presentación de instancias a seguinte documentación:

1. Fotocopia do NIF/NIE/pasaporte/outros.

Os/as aspirantes estranxeiros/as que residan en España deberán, ademais, presentar unha fotocopia cotexada da tarxeta de residente comunitario/a en vigor ou, de ser o caso, da tarxeta temporal de residente comunitario/a ou de traballador/a comunitario/a fronteirizo/a en vigor.

Os/as aspirantes que sexan nacionais da Unión Europea ou dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, que non residan en España, ben por residir no estranxeiro ou por encontrarse en España en réxime de estadía, deberán presentar unha fotocopia cotexada do documento de identidade ou pasaporte.

Os/as familiares dos/das anteriores deberán presentar unha fotocopia cotexada do visado e, se é o caso, do xustificante de solicitar a correspondente tarxeta ou xustificante de solicitar a exención do visado e da correspondente tarxeta. De non solicitar estes documentos, deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo de parentesco e unha declaración xurada ou promesa do español/a, do/a nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea e do/da nacional dalgún Estado ao que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, co que existe este vínculo, de que non está separado/a de dereito do seu/súa cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o/a aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

2. Xustificante de ter aboado os dereitos de exame. As persoas exentas ou con bonificación no pagamento das taxas deberán presentar copia cotexada da documentación que acredite este dereito nos termos exixidos na base 2.3.2.

3. Fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso na correspondente categoría/especialidade ou a documentación acreditativa de estar en condicións de obtelo, nos termos previstos nos anexos I e V desta resolución.

Deberá presentarse tradución xurada ou equivalente segundo o disposto no anexo V daqueles títulos que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá achegarse ademais o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou recoñecemento.

O/a aspirante non terá a obriga de achegar a documentación acreditativa da titulación cando a mesma conste como validada (V) en Fides/expedient-e.

2.5.2. As persoas que accedan pola quenda de discapacidade deberán presentar ademais da documentación anterior copia compulsada do documento que lle acredite ter recoñecida a condición legal de persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento.

2.5.3. As persoas que accedan pola quenda de promoción interna non terán que presentar fotocopia do NIF/NIE ou pasaporte.

2.5.4. A falta de acreditación pola persoa interesada dos requisitos de participación determinará a súa exclusión do proceso de selección.

2.5.5. En todo caso, a autoridade convocante reservarase o dereito a exixir que se acredite convenientemente a existencia ou non dos requisitos de participación e idoneidade dos/as aspirantes, en calquera momento anterior á resolución definitiva do concurso-oposición.

III. Méritos

3.1. Méritos para valorar.

Os méritos a ter en conta na fase de concurso deste proceso serán os recollidos no anexo IV e valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Tales méritos deberán estar debidamente rexistrados no sistema informático Fides/expedient-e e acreditados documentalmente pola persoa interesada na forma e prazos que se indican nesta convocatoria.

3.2. Rexistro electrónico e acreditación de méritos.

3.2.1. Para o rexistro electrónico dos méritos, os/as aspirantes deberán proceder da seguinte forma:

As persoas interesadas accederán a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) ao expediente electrónico do profesional (Fides/expedient-e) segundo se indica no anexo VI destas bases e comprobarán os datos do seu currículo baremables no proceso de selección que constan rexistrados na aplicación informática, así como o seu estado.

Se non consta ningunha información ou está incompleta, a persoa aspirante rexistrará no sistema os méritos que posúe para os efectos da súa valoración na fase de concurso deste proceso, ata o último día do prazo de presentación de solicitudes, inclusive. Logo de rexistrados electronicamente, deberá imprimir a solicitude de validación, que estará dispoñible na aplicación informática na epígrafe de «informe».

A solicitude de validación para este proceso dirixirase á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde e poderá presentarse ata o último día do prazo de presentación de instancias en rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos que se indican na base 5.2.

3.2.2. Xunto coa solicitude de validación, o/a aspirante deberá achegar a documentación acreditativa dos méritos que figuren pendentes de validación nos termos que se indican no anexo V. Só se admitirá como medio de acreditación o que se indica para cada un dos méritos no indicado anexo.

A documentación acreditativa dos méritos deberá presentarse na orde que figura cada un dos méritos na solicitude de validación.

3.2.3. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva non se admitirá, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias e para os efectos da súa valoración neste proceso, ningunha documentación acreditativa de méritos aínda que consten rexistrados no expediente electrónico, agás aquela documentación que, exixida no anexo V e constando documentalmente ter sido solicitada polo interesado ao organismo ou entidade competente no prazo de presentación de solicitudes ou nun momento anterior, esta non fose recibida polo/a interesado/a no indicado prazo, suposto en que se admitirá a súa presentación no prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/excluídos.

Fóra deste suposto e prazo non se admitirá ningunha documentación.

3.2.4. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia solicitasen, mediante a achega da documentación correspondente, a validación dalgún mérito previamente rexistrado no expediente electrónico e que se encontre validado ou pendente de catalogar pola Administración, non terán que presentar novamente a documentación acreditativa de tal/es mérito/s, agás a complementaria que resulte necesaria para a súa actualización.

3.2.5. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia tivesen solicitado, mediante a achega da documentación correspondente, a validación dalgún mérito previamente rexistrado no expediente electrónico e que se encontre pendente de validar, deberán presentar, de ser o caso, dentro do prazo de presentación de solicitudes, a documentación complementaria para acreditar debidamente o mérito nos termos do anexo V.

3.2.6. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia rexistrasen no sistema informático os seus méritos, que figuran como pendentes de validar sen que tivesen achegado ningunha documentación acreditativa deles, deberán solicitar a súa validación ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde e acreditar documentalmente a súa posesión nos termos do anexo V dentro do prazo de presentación de instancias para que poidan ser, se é o caso, valorados no dito procedemento.

3.2.7. Non será necesaria a acreditación documental do cumprimento dos seguintes méritos:

– A experiencia profesional como persoal estatutario nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade.

– A formación recibida e impartida pola Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria.

3.2.8. A Administración poderá requirir, en calquera momento, a achega de documentación complementaria acreditativa de calquera requisito ou mérito, aínda que conste validado.

3.2.9. Para os efectos deste proceso e sen prexuízo da súa validación e catalogación nun momento posterior, poderán deixarse sen validar e catalogar no expediente electrónico persoal do/da aspirante aqueles méritos que non teñan incidencia na puntuación que se van asignar na fase de concurso por ter acadado o aspirante, cos méritos xa validados e catalogados, a puntuación máxima no respectivo apartado do baremo.

IV. Acreditacion do coñecemento da lingua galega

Para os efectos de resultar exento da realización do exercicio de lingua galega, aqueles aspirantes de calquera quenda de acceso que estean en posesión do Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, deberán rexistrar este na epígrafe «idiomas» do expedient-e e achegar copia compulsada del dentro do prazo de presentación da solicitude de participación, salvo que xa conste este título como validado no expedient-e.

As persoas aspirantes que non acheguen a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega nos termos establecidos nesta base, deberán realizar o exercicio de lingua galega.

V. Solicitude

5.1. Formulario de inscrición.

5.1.1. As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación por categoría/especialidade, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE), á cal se accederá seguindo as instrucións que se establecen no anexo VI, e que logo de formalizada electronicamente deberán imprimir, asinar e presentar nos lugares e prazo indicados nos números 5.2 e 5.3, respectivamente.

5.1.2. Non se admitirán as solicitudes que conteñan algunha emenda, marca ou riscadura no formulario de participación ou en calquera dos documentos acreditativos dos requisitos de participación.

As modificacións que, con carácter excepcional resulte necesario que efectúe o/a aspirante nalgún dos datos contidos na solicitude de participación impresa realizaranse mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde e no cal se indicará con claridade a modificación que se pretende.

Tal solicitude de modificación deberá presentarse, xunto coa instancia que modifica ou copia desta, a través do procedemento e prazo previstos na cláusula 5.2 e 5.3 desta convocatoria.

Transcorrido o prazo para a presentación de solicitudes, non se admitirán as modificacións das solicitudes previamente presentadas.

5.1.3. Os/as aspirantes interesados/as en participar en varias especialidades das ofertadas, deberán utilizar unha solicitude diferente para cada unha das especialidades a que se presenten. Igualmente, pagarán o importe dos dereitos de exame correspondentes para cada unha das especialidades nun modelo de autoliquidación de taxas diferente.

5.1.4. Os/as aspirantes con discapacidade que o precisen, opten ou non opten por participar na quenda reservada de persoas con discapacidade, deberán sinalar na solicitude as adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios, de conformidade co establecido na base 1.3.

5.1.5. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

5.1.6. O domicilio que figure nas solicitudes considerarase como o único válido para os efectos de notificacións, sendo responsabilidade exclusiva do/a aspirante tanto o erro na súa consignación como a comunicación ao Servizo Galego de Saúde de calquera cambio do mesmo. O mesmo será aplicable aos outros medios de comunicación posibles, como os teléfonos de contacto e o correo electrónico.

A Administración convocante poderá comunicar a través de Fides/expedient-e, de forma xeral ou individualizadamente, calquera nova que se produza no desenvolvemento do proceso.

5.1.7. Xunto coa solicitude de participación, a persoa aspirante deberá achegar a documentación exixida na base 2.5, a xustificación documental de todos os méritos previamente rexistrados no expediente electrónico que non acreditase nos termos da base 3.2 e, de ser o caso, a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.

5.2. Lugar de presentación.

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde e poderán presentarse no Rexistro Xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no número tres desta base, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ao organismo competente.

5.3. Prazo de presentación.

O prazo para a presentación das solicitudes de participación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

VI. Admisión de aspirantes

6.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declaren con carácter provisional os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as en cada unha das especialidades, co motivo da exclusión, así como os aspirantes exentos e non exentos da realización do exercicio acreditativo do coñecemento de lingua galega.

6.2. Os/as aspirantes excluídos/as e os/as declarados/as non exentos/as da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución para poder corrixir, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión ou a non exención do exercicio de lingua galega.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.

6.3. Non se poderá emendar a presentación da solicitude fóra do prazo habilitado para este efecto. A estimación ou desestimación das solicitudes de emenda entenderanse implícitas na resolución pola que se aprobe a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as, así como a listaxe definitive de exentos e non exentos do exercicio acreditativo do coñecemento da lingua galega, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Contra tal resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

O feito de figurar na relación de admitidos/as non prexulga que se lles recoñeza aos/ás interesados/as a posesión de todos os requisitos exixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de superar o proceso selectivo, se desprendese que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación no procedemento.

VII. Tribunais

7.1. A composición dos tribunais de selección será paritaria para o conxunto da oferta de emprego do Servizo Galego de Saúde.

7.2. Os tribunais cualificadores do concurso-oposición, para cada unha das especialidades que se convocan, serán nomeados pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas, publicándose para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sen prexuízo das competencias de ordenación material e temporal propias do órgano convocante, correspóndelles aos tribunais as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas, a cualificación dos/as aspirantes, tanto na fase de oposición como na de concurso nos termos desta convocatoria, a emisión de cantos informes sexan requiridos derivados da súa intervención no proceso así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o correcto desenvolvemento das probas selectivas e a resolución de incidencias.

7.3. Os tribunais serán únicos para cada especialidade. No entanto, o órgano convocante, en atención ao elevado número de aspirantes, poderá nomear unha comisión ou grupo de traballo para realizar as tarefas auxiliares de carácter técnico ou organizativo que lle sexan encomendadas, sen que a súa actuación afecte as competencias e a autonomía dos tribunais de selección.

7.4. Os tribunais terán a súa sede, para os efectos de comunicacións, envío de documentación ou incidencias, na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, situada en San Lázaro, s/n, 15703 de Santiago de Compostela.

7.5. Os tribunais estarán compostos por un número de membros non inferior a cinco, e deberá designarse o mesmo número de membros suplentes.

De conformidade co establecido no artigo 60 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, a pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, sin que se poida exercer esta en representación ou por conta de ninguén.

O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección.

Os membros dos tribunais terán a condición de persoal funcionario de carreira ou estatutario fixo das administracións públicas ou dos Servizos de Saúde, ou de persoal laboral fixo dos centros vinculados ao Sistema Nacional de Saúde, en praza ou categoría para a que se exixa posuír titulación de nivel académico igual ou superior á exixida para o ingreso.

Os tribunais poderán propor ao órgano convocante a incorporación aos seus traballos dos/as asesores/as especialistas ou de apoio que considere oportunos. Os/as ditos/as asesores/as limitaranse a prestar a súa colaboración nas especialidades técnicas, con voz e sen voto.

7.6. Os/as membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorra neles/as algunha circunstancia das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro e no Acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010 ou realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas da correspondente especialidade nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O/a presidente/a deberá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no citado artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común nin nas demais causas de abstención previstas nesta base. Esta declaración deberá ser tamén realizada polos/as asesores/as especialistas previstos e polo persoal auxiliar que o tribunal incorpore aos seus traballos.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar os membros do tribunal e demais persoal colaborador cando concorra neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme o artigo 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7.7. A autoridade convocante publicará, de ser o caso, no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomeen os novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

7.8. Logo da convocatoria do/a presidente/a, constituirase o tribunal coa asistencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes, coa presenza en todo caso do/a presidente/a e do/a secretario/a. Na dita sesión o tribunal adoptará as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da maioría dos seus membros, con presenza, en todo caso, do/a presidente/a e do/a secretario/a.

Por acordo dos seus membros, o tribunal poderá decidir a autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións que teñan lugar sen necesidade de citación por escrito.

Das sesións realizadas polos tribunais redactaranse as correspondentes actas, que serán asinadas polo/a secretario/a co visto e prace do/a presidente/a.

7.9. Os acordos dos tribunais que supoñan para o/a interesado/a a imposibilidade de continuar o procedemento poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992.

7.10. Os tribunais que actúen no proceso selectivo terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, actualizado pola Resolución do 20 de xuño de 2008 (DOG nº 138, do 17 de xullo), segundo o acorde o órgano competente na materia.

VIII. Procedemento de selección

Procedemento de selección.

De acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, o sistema de selección será o de concurso-oposición para todas as especialidades que se convocan.

8.1. Fase de oposición.

8.1.1. A fase de oposición, en cada unha das especialidades que se convocan consistirá na realización dos exercicios que se enumeran no anexo III desta resolución e coa forma e sistema de cualificación descritos.

8.1.2. Unha vez realizados os distintos exercicios da fase de oposición, correspóndelles aos tribunais establecer os criterios de corrección das probas.

Estes criterios de corrección realizaranse tendo en conta que nos exercicios da fase de oposición que sexan eliminatorios será necesario que os/as aspirantes acaden unha puntuación do cincuenta por cento da puntuación máxima asignada a cada un dos exercicios de tal carácter. O exercicio sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, ambos os dous inclusive) terá carácter obrigatorio e non eliminatorio para todos/as os/as aspirantes, coa excepción dos/das da quenda de promoción interna, que estarán exentos/as da súa realización.

O exercicio que acredita o coñecemento da lingua galega terá carácter obrigatorio non eliminatorio para todos/as os/as aspirantes, coa excepción dos/das que teñan acreditado posuír o Celga 4, curso de perfeccionamento ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

As respostas incorrectas, nos exercicios de tipo test, penalizaranse coa puntuación negativa que resulte de aplicar un vinte e cinco por cento da puntuación asignada á resposta correcta.

Os/as aspirantes que non superen ou non obteñan o cincuenta por cento da puntuación fixada como máxima no anexo correspondente a cada unha das especialidades e exercicios de carácter eliminatorio resultarán eliminados.

8.1.3. Os tribunais adoptarán as medidas oportunas para garantir que os exercicios tipo test da fase de oposición sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos/as aspirantes. Ao finalizaren os exercicios tipo test entregarase a cada aspirante a folla autocopiativa do seu exame, así como o cuestionario de preguntas. O modelo coas respostas correctas publicarase con posterioridade na páxina web www.sergas.es.

8.1.4. Os exercicios da fase de oposición realizaranse no lugar e na hora que se fixen nunha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde que se publicará no Diario Oficial de Galicia cun prazo mínimo de antelación de cinco días hábiles, ademais de poder ser anticipada para efectos informativos na páxina web www.sergas.es.

De conformidade co establecido no artigo 15 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, poderanse realizar exercicios conxuntos para varias categorías/especialidades, así como varios exercicios, na mesma data, para a mesma especialidade en unidade de acto e de tempo, mesmo cambiando a orde de realización destes. Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil ou soportes con memoria, e queda prohibido o acceso ao recinto de realización das probas con tales dispositivos; constituirá causa de inadmisión ao chamamento a mera tenza deles.

8.1.5. En calquera momento os/as aspirantes poderán ser requiridos/as coa finalidade de acreditar a súa personalidade.

8.1.6. Os/as aspirantes serán convocados/as para cada exercicio nun único chamamento, e serán excluídos/as do concurso-oposición os que non comparezan. En todo caso, para garantir a unidade de acto, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non comparecencia.

No marco das previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes e da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, o Servizo Galego de Saúde permitirá ás mulleres embarazadas, ingresadas no mesmo día do exame, facer os distintos exercicios da fase de oposición, derivados deste proceso selectivo. Por iso, coa única limitación de respectar, en todo caso, a unidade de acto e de tempo de execución fixados nos chamamentos para a realización dos exames, como garantía de igualdade e de imparcialidade para todos/as os/as aspirantes, o Servizo Galego de Saúde desprazará ao centro sanitario unha delegación do tribunal que permita a execución material da proba a aquelas opositoras xestantes que previamente o xustificasen e solicitasen no fax da Dirección Xeral de Recursos Humanos 881 54 28 18 ou a través do seguinte enderezo de correo electrónico: Recursos.Humanos@sergas.es ata 72 horas de antelación á data de realización dos exercicios.

8.1.7. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún/ha dos/as aspirantes non cumpre un ou varios dos requisitos exixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do/a interesado/a, deberá propoñer a súa exclusión á autoridade convocante. Do mesmo xeito, o tribunal deberá dar conta das inexactitudes ou falsidades en que puidesen incorrer os/as aspirantes, para os efectos procedentes.

8.1.8. Establécese un prazo único de cinco días hábiles seguintes á publicación dos modelos provisionais de respostas para que os/as interesados/as poidan presentar reclamación contra os exercicios.

Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións presentadas, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio anunciarao na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Neste caso serán tidas en conta as preguntas de reserva, que terán unha puntuación igual que o resto das preguntas do correspondente exercicio.

A estimación ou desestimación das reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións provisionais e as respostas definitivas dos distintos exercicios, que se efectuará na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

8.1.9. Tras a publicación das puntuacións provisionais dos exercicios, os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao de devandita publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas dos distintos exercicios, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

8.1.10. Poderá superar a fase de oposición un número de aspirantes superior ao das prazas convocadas na correspondente especialidade.

8.1.11. Finalizada na súa totalidade a fase de oposición, o tribunal adoptará acordo en que se declarará finalizada a fase de oposición, e elevará este á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

8.2. Fase de concurso.

8.2.1. De acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, modificado polo Decreto 236/2008, do 16 de outubro, a valoración da fase de concurso non poderá exceder o corenta por cento da puntuación máxima atinxible no proceso selectivo.

8.2.2. Os tribunais poderán requirir, de oficio, dos/as aspirantes ou de calquera Administración pública, a documentación complementaria ou as aclaracións precisas coa finalidade de asegurar a máxima obxectividade na adxudicación da puntuación nesta fase de concurso.

8.2.3. Realizada polo tribunal a baremación correspondente,a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará, no Diario Oficial de Galicia o anuncio da súa exposición, con indicación da puntuación provisional obtida por cada aspirante nas distintas epígrafes, así como a valoración total da fase de concurso.

Contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

8.2.4. Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados, pola orde de puntuación alcanzada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

8.2.5. O sistema de desempate efectuarase a favor dos/as aspirantes que tivesen a maior puntuación na fase de oposición no seu conxunto e de persistir o empate, pola maior puntuación nos exercicios da parte específica e común do programa, por esta orde.

De persistir aínda o empate, dirimirase a favor do/a aspirante con maior puntuación na fase de concurso e, de ser necesario, sucesivamente por cada epígrafe da fase de concurso e pola súa orde. Para rematar, decidirá a maior idade do/a aspirante.

8.2.6. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá ser aplicada para superar a fase de oposición.

IX. Relación de aspirantes seleccionados/as e elección de destino

9.1. Os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as disporán do prazo de un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución prevista no número 8.2.4 para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/as nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da especialidade.

Os/as participantes que accedan pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste momento, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada no inicio do proceso selectivo.

9.2. Os/as que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no presente proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

9.3. Comprobada a documentación de todos/as os aspirantes aprobados a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva de aspirantes seleccionados/as.

En ningún caso se poderá declarar que superaron o concurso-oposición un número de aspirantes superior ao de prazas convocadas. Tal declaración será nula de pleno dereito.

9.4. Nesta mesma resolución aprobarase a relación, por institución sanitaria, de prazas que se oferten aos/ás aspirantes seleccionados/as e o procedemento e o prazo para que estes manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

9.5. De acordo co establecido no artigo 17 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, as prazas vacantes que se oferten corresponderán sempre a prazas básicas da correspondente especialidade.

9.6. As prazas adxudicaranse entre os/as aspirantes pola orde de puntuación acadada no concurso-oposición con preferencia a favor dos/as aspirantes que accederon pola quenda de promoción interna.

9.7. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo previsto na base 9.1, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados. O órgano convocante decidirá dita alteración cando estea debidamente xustificada, e deberá limitarse a realizar a mínima modificación na orde de prelación necesaria para posibilitar o acceso ao posto da persoa con discapacidade.

9.8. A solicitude que formulen os aspirantes será vinculante e irrenunciable.

9.9. O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino no prazo e de acordo ao procedemento establecido non poderá ser nomeado/a e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

Neste suposto, a autoridade convocante procederá ao chamamento de novos/as aspirantes, no número que se corresponda coas prazas ofertadas e non elixidas, coa finalidade de que manifesten a súa opción por elas, logo de acreditación do cumprimento dos requisitos exixidos. Esta opción realizarase pola orde de prelación que resulte da lista definitiva.

X. Nomeamento e toma de posesión

10.1. Unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, con nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo as persoas aspirantes seleccionadas que ao tempo de expedir o correspondente nomeamento se encontrasen en situación de incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez.

10.2. Os/as nomeados/as disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada. O cómputo deste prazo iniciarase ao día seguinte ao da publicación a que se refire o punto anterior. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. Non entanto, en casos de forza maior, e por instancia do/a interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

10.3. A incorporación ás prazas adxudicadas levará aparellado o cesamento do persoal temporal que, de ser o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

XI. Norma derradeira

11.1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, os tribunais encargados de xulgar o concurso-oposición e os/as que participen nel.

11.2. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polos tribunais, pola autoridade convocante ou o órgano encargado da xestión poderán ser impugnados polos/as interesados/as de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

11.3. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta Dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2013

Margarita Prado Vaamonde
Directora de Recursos Humanos

ANEXO I
Prazas e titulacións

Especialidade

Grupo

Acceso libre

Promoción interna

Reserva discapacidade

Total

Titulación

Alergoloxía

A1

1

1

1

3

Título universitario oficial de grao ou Licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na especialidade de Alergoloxía.

Análises Clínicas

A1

3

2

1

6

Calquera dos seguintes títulos:

-Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Análises Clínicas ou Bioquímica Clínica.

-Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Farmacia e título de farmacéutico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Análises Clínicas ou Bioquímica Clínica.

-Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Ciencias Químicas e acreditar a súa formación na especialidade de Análises Clínicas ou Bioquímica Clínica mediante diploma expedido pola correspondente escola de especialización ou formación completa como químico/a interno/a residente, realizado en centros acreditados ou debidamente recoñecidos, logo de superación da proba nacional selectiva que establecen as disposicións vixentes.

-Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Ciencias Biolóxicas e acreditar a súa formación na especialidade de Análises Clínicas ou Bioquímica Clínica mediante a formación completa como biólogo/a interno/a residente, realizada en centros acreditados ou debidamente recoñecidos, logo de superación da proba nacional selectiva que establecen as disposicións vixentes.

-Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Bioquímica e título de especialista expedido polo Ministerio de Educación Cultura e Deporte, na Especialidade de Análises Clínicas ou Bioquímica Clínica.

Anatomía Patolóxica

A1

1

1

1

3

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Anatomía Patolóxica.

Anestesioloxía e Reanimación

A1

9

3

12

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Anestesioloxía e Reanimación.

Aparello Dixestivo

A1

7

2

9

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Aparello Dixestivo.

Cardioloxía

A1

4

1

5

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Cardioloxía.

Cirurxía Oral e Maxilofacial

A

1

1

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido por el Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Cirurxía Oral e Maxilofacial.

Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía

A1

4

2

6

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía.

Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora

A1

1

1

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora.

Cirurxía Torácica

A1

1

1

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Cirurxía Torácica.

Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo

A1

8

2

10

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo.

Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía

A1

2

1

1

4

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía.

Endocrinoloxía e Nutrición

A1

2

1

3

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Endocrinoloxía e Nutrición.

Farmacia Hospitalaria

A1

1

1

1

3

Calquera dos seguintes títulos:

-Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e o título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Farmacia Hospitalaria.

-Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Farmacia e o título de farmacéutico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Farmacia Hospitalaria.

Hematoloxía e Hemoterapia

A1

4

1

5

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Hematoloxía e Hemoterapia.

Medicina Física e Rehabilitación

A1

1

1

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Medicina Física e Rehabilitación.

Medicina Intensiva

A1

3

1

4

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Medicina Intensiva.

Medicina Interna

A1

9

3

1

13

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Medicina Interna.

Microbioloxía e Parasitoloxía

A1

1

1

Calquera dos seguintes títulos:

-Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía, e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Microbioloxía e Parasitoloxía.

-Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Bioloxía, e título de especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Microbioloxía e Parasitoloxía.

-Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Bioquímica, e título de especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Microbioloxía e Parasitoloxía.

-Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Farmacia, e título de especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Microbioloxía e Parasitoloxía.

-Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Química, e título de especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Microbioloxía e Parasitoloxía.

Nefroloxía

A1

4

2

6

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Nefroloxía.

Neurocirurxía

A1

1

1

2

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Neurocirurxía.

Neurofisioloxía Clínica

A1

1

1

2

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Neurofisioloxía Clínica.

Neuroloxía

A1

3

1

4

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Neuroloxía.

Obstetricia e Xinecoloxía

A1

7

2

9

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Obstetricia e Xinecoloxía.

Oftalmoloxía

A1

3

1

4

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Oftalmoloxía.

Oncoloxía Médica

A1

3

1

4

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Oncoloxía Médica.

Oncoloxía Radioterápica

A1

1

1

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Oncoloxía Radioterápica.

Otorrinolaringoloxía

A1

3

1

4

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Otorrinolaringoloxía.

Pediatría e as súas áreas específicas

A1

3

2

1

6

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Pediatría e as súas áreas específicas.

Pneumoloxía

A1

3

1

4

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia, na especialidade de Pneumoloxía.

Psiquiatría

A1

7

2

9

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Psiquiatría.

Radiodiagnóstico

A1

9

4

1

14

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Radiodiagnóstico.

Reumatoloxía

A1

1

1

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Reumatoloxía.

Uroloxía

A1

2

1

3

Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Uroloxía.

ANEXO II
Programa das probas selectivas

Parte común:

Tema 1. A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.

Tema 2. Estatuto de Autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración pública galega.

Tema 3. A Lei xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

Tema 4. A Lei de saúde de Galicia: o sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A estrutura organizativa de xestión integrada: disposicións que a regulan.

Tema 5. O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: Clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

Tema 6. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: Réxime de provisión e selección de prazas.

Tema 7. A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.

Tema 8. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS.

Os textos legais serán os vixentes á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento dos tribunais de cualificación.

Parte específica:

A parte específica do programa de cada unha das especialidades que se convocan é o publicado no Diario Oficial de Galicia nº 103, do 30 de maio de 2007 e Diario Oficial de Galicia nº 247, do 22 de decembro de 2008 (especialidade de Cirurxía Torácica).

ANEXO III
Exercicios

1º exercicio (eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 10 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre o contido da parte específica do programa do anexo II, e directamente relacionados coa actividade específica dos centros, nun prazo máximo de 180 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50 % do seu valor.

2º exercicio (obrigatorio non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa do anexo II (temas 1 ao 8, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

3º exercicio (obrigatorio non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento por parte dos aspirantes da lingua galega, nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego, de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega), aos que se lles asignarán 5 puntos.

ANEXO IV
Baremos

1. Formación: 35 % (14 puntos).

1.1 Académica.

a) Grao:

1. Licenciatura:

Plan antigo:

– Por cada matrícula de honra: 0,50 puntos.

– Por cada sobresaliente: 0,25 puntos.

– Por cada notable: 0,10 puntos.

Non se valorará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas no plan de estudos, expresando o cociente con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

Plan novo:

A puntuación correspondente aos estudos de cada aspirante obterase mediante a aplicación do seguinte algoritmo:

0,10 Cn + 0,25 Cs +0,50 Cmh

________________________

Ca + Cn + Cs + Cmh

As anotacións Ca, Cn, Cs e Cmh corresponden ao número total de créditos que na certificación académica estean adscritos a materias troncais e obrigatorias e nos cales, respectivamente, se obtiveron as cualificacións de aprobado, notable, sobresaliente e matrícula de honra. Non se puntuará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

Non serán valorados os créditos correspondentes a materias optativas ou de libre elección/configuración.

A puntuación resultante expresarase con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

2. Exame de grao: 0,50 puntos (con sobresaliente ou matrícula de honra 0,25 puntos máis).

3. Premio extraordinario: 0,50 puntos.

b) Posgrao.

1. Pola realización de todos os cursos de doutoramento (sistema anterior ao Real decreto 185/1985) ou pola realización do programa de doutoramento ata o nivel de suficiencia investigadora segundo os reais decretos 185/1985 e 778/1998, ou pola obtención do diploma de estudos avanzados (DEA): 1,5 puntos.

2. Título de doutor/a no ámbito das ciencias da saúde: 5 puntos.

3. Premio extraordinario de doutoramento no ámbito das ciencias da saúde: 0,5 puntos.

4. Máster universitario oficial, máster universitario –título propio, experto universitario, especialista universitario no ámbito das ciencias da saúde:

4.1. En caso de estar computado en créditos ECTS:

Título oficial: 0,05 puntos/crédito.

Título propio: 0,025 puntos/crédito.

4.2 En caso de estar computado en horas:

Título oficial: 0,005 puntos/hora.

Título propio: 0,0025 puntos/hora.

c) Docencia universitaria impartida no ámbito das ciencias da saúde: 0,5 puntos/curso académico, ata un máximo de 3 puntos.

Os puntos b.1) e b.2) son excluíntes entre si.

1.2. Continuada.

a) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da especialidade e que estean dirixidos directamente á especialidade ou categoría a que se opta, acreditados por:

– Comisión -nacional ou autonómica- de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde, créditos CFC.

– European Accreditation Council for CME (EACCME), créditos ECMEC, créditos da EACCME, ou créditos CME da UEMS.

– American Medical Association, créditos AMA PRA categoría 1.

b) Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avalados polo Servizo Galego de Saúde ou por calquera organismo público, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da especialidade e que estean dirixidos directamente á especialidade a que se opta.

c) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das administracións públicas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da especialidade e que estean dirixidos directamente á especialidade á que se opta.

– Por crédito CFC: 0,05 puntos.

– Por hora, crédito CIFCE, ECMEC ou AMA PRA categoría 1: 0,005 puntos.

A puntuación que se outorgará aos aspirantes que impartisen os anteditos cursos será de 0,02 puntos por hora de docencia impartida.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e as horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren neste.

Non se valorarán os cursos realizados durante o período de especialización que estean incluídos no programa docente da especialidade correspondente.

Os cursos de prevención de riscos, de informática, de xestión clínica, de bioestatística e de metodoloxía da investigación valoraranse en todas as categorías/especialidades, con independencia da data de obtención do título exixido para o acceso a estas, cunha puntuación máxima de 4 puntos.

Só se valorarán os cursos de informática relativos a aplicacións actualmente vixentes nesta Administración sanitaria.

Non serán obxecto de valoración os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios ou similares, agás que estean debidamente acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comision Autonómica.

1.3. Especializada.

a) Por ter completado o período como residente do programa MIR, FIR, QUIR, BIR, PIR ou RHIR segundo corresponda á especialidade a que se presente, en España ou país da Unión Europea, ou ben ter completado o período de formación como residente nun centro estranxeiro cun programa recoñecido de docencia para posgraduados/as na especialidade a que se presente e co título validado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte: 5 puntos.

b) Por ter obtido o título da especialidade a que se presente como consecuencia de acceder, con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto 127/1984, do 11 de xaneiro, a unha praza de especialista en formación, convocada por algunha das administracións públicas ou institucións sanitarias concertadas con estas e que acrediten ter realizado de xeito ininterrompido e baixo un mesmo réxime docente os anos de formación establecidos para a correspondente especialidade, mediante nomeamento ou contrato de bolsa docente expedido pola dita Administración que implique relación profesional retribuída periodicamente con cargo aos seus orzamentos: 5 puntos.

A puntuación das letras a) e b) son excluíntes entre si.

c) Por ter completado o período como residente do programa MIR, FIR, QUIR, BIR, PIR ou RHIR doutra especialidade distinta a que se presente (en España ou país da Unión Europea) ou ben ter completado o período de formación como residente nun centro estranxeiro cun programa recoñecido de docencia para posgraduados/as doutra especialidade distinta á que se presente e co título validado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte: 2 puntos.

d) Por impartir docencia de formación sanitaria especializada, ata un máximo de 1,5 puntos:

– Xefe de estudos de formación sanitaria especializada: 0,50 puntos/ano ou a parte proporcional.

– Titor: 0,20 puntos/ano ou a parte proporcional.

– Colaborador docente: 0,10 puntos/ano ou parte proporcional.

Para os efectos deste baremo, teñen a consideración de colaboradores docentes os profesionais da mesma ou diferente especialidade de que forman que, sen ter nomeamento formal de titor, colaboran na docencia nas diferentes unidades asistenciais ou dispositivos nos cales os especialistas en formación realizan rotacións de determinada duración, recollidas no programa da especialidade correspondente.

2. Experiencia: 55 % (22 puntos).

– Por cada mes completo de servizos prestados na especialidade por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza: 0,30 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados na especialidade por conta e baixo a dependencia doutras Administracións Públicas de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza ou en programas de cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo de organizacións de cooperación internacional: 0,15 puntos mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados na especialidade por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias privadas concertadas e/ou acreditadas para a docencia de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza: 0,10 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados noutra categoría ou especialidade de persoal licenciado sanitario por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza: 0,05 puntos/mes.

Normas xerais de valoración.

Primeira. Os meses serán computados por días naturais.

Salvo para os nomeamentos de atención continuada ou gardas en atención extrahospitalaria, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada epígrafe do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal xeito que o que se valorará en cada punto será o cociente enteiro, despreciándose os decimais.

En ningún caso a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural se poderá valorar por enriba da puntuación establecida para o dito período dun mes.

En ningún caso un mesmo período de servizos prestados poderá ser obxecto de valoración en distintas epígrafes do baremo. De igual xeito, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría/especialidade, ou en varios servizos ou unidades, tanto do mesmo como de diferente centro.

Os servizos prestados con nomeamento de atención continuada ou gardas en urxencias extrahospitalarias computaranse co criterio de equivalencia dun mes completo por cada 130 horas traballadas no dito mes, ou a parte proporcional que corresponda á fracción. Se dentro dun mes natural se realizaron máis de 130 horas, soamente poderá valorarse un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados noutro mes.

Segunda. A experiencia profesional valorarase a partir da data de superación do período formativo conducente á obtención do título da respectiva especialidade.

Os servizos prestados polos especialistas con título expedido por terceiros países valoraraos desde a data de homologación ou recoñecemento do título da especialidade o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

A antigüidade como especialista de quen accedese ao título en virtude do Real decreto 1497/1999, do 24 de setembro, valorará, segundo o disposto na Lei 62/2003, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, a totalidade do exercicio profesional efectivo do/da interesado/a dentro do campo propio e específico da especialidade, descontando de tal exercicio e no período inicial do mesmo o 170 por 100 do período de formación establecido para a dita especialidade en España. O indicado desconto non se producirá respecto de quen obtivese o título de especialista de acordo co previsto na disposición adicional terceira do Real decreto 1497/1999.

Terceira. Os servizos prestados durante o período en que se goce dunha redución de xornada para o coidado de familiares serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.

Os servizos prestados polo persoal especificamente nomeado a tempo parcial serán valorados coa conseguinte redución. Cando nun mesmo período o/a interesado/a acredite distintos nomeamentos a tempo parcial, realizarase unha acumulación, sen que poida resultar, en ningún caso, unha xornada acumulada superior á xornada completa.

O período de formación para a obtención do título de especialista non poderá ser valorado, en ningún caso, como tempo de servizos prestados.

Os períodos de permiso sen soldo, así como a permanencia en situación de servizos especiais, agás no suposto de acceder a praza de formación sanitaria especializada mediante residencia, valoraranse como tempo de servizos efectivamente prestados na categoría/especialidade para os efectos deste baremo.

Os servizos prestados noutra categoría en promoción interna temporal polo persoal estatutario fixo valoraranse como servizos temporais na dita categoría.

Os servizos prestados como especialistas de cota terán a mesma valoración que os prestados como facultativo especialista de área.

3. Investigación e innovación sanitaria: (10 %) (4 puntos).

a) Pola autoría de traballos científicos e de investigación no ámbito das ciencias da saúde, apreciados libremente polo tribunal conforme os seguintes criterios e táboas de valoración:

a.1) Revistas científicas.

As publicacións deben pertencer a revistas científicas indexadas no CSIC (ICYT, ISOC), IBECS, Pubmed, Web of Knowledge (Wok), Embase e PsycINFO. Non serán obxecto de valoración as publicacións realizadas en revistas non indexadas nas bases de datos referidas.

– Os artigos científicos (orixinal, orixinal breve, revisión sistemática e meta-análise) ponderaranse da seguinte forma, conforme o seu factor de impacto do Journal Citation Reports (JCR), vixente na data de publicación da convocatoria:

– Primeiro cuartil da especialidade: 0,40 puntos.

– Segundo cuartil da especialidade: 0,25 puntos.

– Terceiro e cuarto cuartil: 0,15 puntos.

– Revista indexada sen factor de impacto: 0,05 puntos.

– Outro tipo de publicacións (editoriais, cartas ou artigos de opinión, técnicas e procedementos).

– Primeiro cuartil da especialidade: 0,10 puntos.

– Segundo cuartil da especialidade: 0,05 puntos.

– Terceiro e cuarto cuartil: 0,02 puntos.

No suposto de que á revista se lle atribúan diferentes cuartiles en función da/s especialidade/s, asignarase sempre o cuartil máis alto.

Non serán obxecto de valoración as notas clínicas, resumos de comunicacións e casos clínicos.

a.2) Libros ou capítulos de libros.

– Capítulo de libro: 0,10 puntos.

– Libro completo: 0,30 puntos.

Só terán a consideración de libro aquelas publicacións cun mínimo de 49 páxinas. Para a súa valoración, a publicación debe estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.

Non terán a consideración de libro aínda que adopten esta forma de edición as actas de congreso.

Por non reuniren a condición de traballo científico e de investigación non serán obxecto de valoración os libros/capítulos editados como glosario, anuario, manuais de preparación para o acceso á formación sanitaria especializada e ao emprego público, cursos de formación continuada, protocolos de servizo, libros de casos clínicos, sesións interhospitalarias e demais que así se aprecien polo respectivo órgano de selección.

Por ser obxecto de valoración tal mérito noutra epígrafe do baremo, non se lle asignará ningunha puntuación nesta epígrafe ás publicacións de teses doutorais.

Non serán obxecto de valoración as autoedicións e/ou autopublicacións, entendendo por tales aquelas publicacións financiadas ou promovidas por algún dos seus autores ou nas que este figure como editor.

No suposto de libros de autoría colectiva, só será obxecto de valoración aquela publicación que da documentación presentada polo/a aspirante quede suficientemente acreditada a participación concreta nela. Enténdese por autoría colectiva aquela publicación en que intervén un mínimo de catro autores.

Para os efectos deste baremo, non terán a consideración de autor da publicación o coordinador, director e outros colaboradores.

Normas comúns de valoración de libros e revistas.

– En ningún caso un mesmo contido determinado e obxectivable publicado baixo diferentes formas e en diferentes publicacións poderá ser obxecto de máis dunha valoración.

– Non serán obxecto de valoración as publicacións de carácter divulgativo.

b) Por cada premio de investigación outorgado a traballos de investigación orixinais publicados, premios a comunicacións en congresos científicos e premios de recoñecido prestixio a traxectorias científicas, outorgados por sociedades científicas, organismos oficiais ou entidades sen ánimo de lucro debidamente rexistradas entre cuxos fins se encontre a investigación, ata un máximo de 1 punto:

– Premio de ámbito internacional: 0,20 puntos.

– Premio de ámbito nacional: 0,10 puntos.

c) Participación en proxectos de investigación.

Por cada participación en proxectos de investigación ou innovación financiados por organismos públicos:

a) Como investigador principal:

i. Proxectos internacionais: 2 puntos.

ii. Proxectos nacionais: 1 punto.

iii. Proxectos autonómicos: 0,30 puntos.

b) Como investigador colaborador:

i. Proxectos internacionais: 1 punto.

ii. Proxectos nacionais: 0,30 puntos.

iii. Proxectos autonómicos: 0,10 puntos.

Por cada participación en proxectos de investigación ou innovación en convocatorias competitivas financiados por organismos privados nacionais ou internacionais:

iv. Como investigador principal: 0,30 puntos.

Os proxectos de investigación non competitivos non serán baremables.

Non se considerará parte do equipo investigador o persoal contratado a cargo do proxecto nin as colaboracións puntuais no mesmo.

d) Estadías formativas en centros de investigación nacionais ou estranxeiros: 0,05 puntos/mes completo.

Para os efectos deste proceso selectivo teñen a condición de centros de investigación os centros receptores en que os profesionais desenvolvan actividades de investigación, trátese de centros do SNS, universidade, organismos públicos de investigación (OPI) e, en xeral, calquera centro de investigación dependente da Administración Pública española ou estranxeira, que conten con grupos de investigación de traxectoria acreditada en biomedicina e ciencias da saúde.

e) Patentes:

– Solicitada e aceptada: 1 punto.

– En explotación: 2 puntos.

f) Por ter completado o programa de formación en investigación Río Hortega para profesionais que teñan finalizado a súa formación sanitaria especializada: 2 puntos.

Este mérito deberá rexistrarse electronicamente polo/a aspirante en Fides/expedient-e, na epígrafe doutros méritos.

ANEXO V
Procedemento de acreditación de méritos

a) Formación académica

Acreditarase, segundo o suposto, mediante orixinal ou copia compulsada do título expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou certificación da respectiva universidade, debidamente asinado, que deixe constancia de cada un dos méritos invocados polo aspirante e data en que foron causados. No relativo aos cursos de doutoramento, para que, o dito mérito poida ser obxecto de valoración, a certificación que se achegue deberá deixar constancia expresa de que o/a aspirante realizou todos os cursos de doutoramento e indicar o programa e créditos obtidos. Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

No suposto de titulacións obtidas no estranxeiro (UE) achegarase xunto coa copia compulsada do título, tradución xurada desteou equivalente e credencial de recoñecemento da titulación expedida polo Ministerio de Educación español.

As titulacións obtidas no estranxeiro (non UE) deberán acreditarse coa achega da copia compulsada do título, tradución xurada deste ou equivalente e documento de homologación ou validación expedido polo Ministerio de Educación español.

• Supostos específicos.

a) A acreditación da formación máster efectuarase mediante orixinal ou copia compulsada do título ou certificación da universidade en que conste foi superada polo/a aspirante a formación conducente á obtención do referido título, datas de realización, programa formativo e o número de horas ou créditos ECT asignados á dita actividade formativa.

b) A docencia universitaria impartida acreditarase mediante certificación da respectiva universidade na que se fará constar expresamente o cargo docente, tipo de vinculación, departamento ou área de coñecemento na que se impartiu a docencia e datas de inicio e fin da vinculación.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado o mérito.

b) Formación continuada

a) Recibida: acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do certificado de asistencia ao curso en que deberá constar o organismo ou entidade que convocou e impartiu a dita actividade formativa, as datas de realización, contido do curso e número de créditos e/ou horas asignados. Xunto coa dita certificación deberá achegarse o correspondente programa formativo ou categoría/s destinataria/s.

No suposto de cursos acreditados pola comisión nacional ou autonómica de formación continuada deberá constar o logotipo da respectiva comisión e ademais o número de expediente se se trata de actividades formativas posteriores a abril de 2007.

• Normas específicas para a formación enliña. Valoraranse aqueles diplomas de cursos on line nos que conste o número de créditos, número de expediente e logotipo da comisión de formación continuada. Non será necesario que conste o número de expediente se se trata de cursos anteriores a abril de 2007.

Serán válidos aqueles diplomas asinados dixitalmente por Digital Learning cun certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), así como aqueles que se poidan referenciar a unha web verificable ou cotexable polo órgano de selección. Noutro suposto deberá achegarse certificación orixinal asinada polo órgano que impartiu a actividade formativa, que conterá toda a información exixida nesta epígrafe.

No suposto de formación en liña con desenvolvemento nun rango de datas, será válida a formación que conste superada dentro das ditas datas.

Valoraranse os módulos ou partes integrantes dun curso nos supostos en que quede debidamente acreditada a carga lectiva e horas/créditos asignados de forma diferenciada.

O órgano de selección resérvase o dereito de poder exixir ao aspirante calquera documentación complementaria e/ou rexeitar calquera certificado enliña cando existan dúbidas razoables sobre a súa autenticidade.

b) Impartida: acreditarase mediante certificación do organismo ou entidade convocante en que deberá constar o contido e destinatarios da actividade formativa, así como o número de horas de docencia impartidas.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

c) Formación especializada

No suposto de titulacións obtidas en España, acreditarase tal mérito mediante orixinal ou copia compulsada do título expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou certificación emitida pola respectiva Comisión de Docencia ou Rexistro Nacional de especialistas en formación do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de ter completado o período de formación conducente á obtención do título da respectiva especialidade, que deberá indicar a data de superación.

No suposto de titulacións obtidas noutros Estados da Unión Europea achegarase xunto coa copia compulsada do título, tradución xurada deste ou equivalente e credencial de recoñecemento da titulación expedida polo Ministerio de Educación español.

As titulacións obtidas no estranxeiro (non UE) deberán acreditarse coa achega da copia compulsada do título, tradución xurada ou equivalente e documento de homologación ou validación expedido polo Ministerio de Educación español.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

d) Docencia de formación sanitaria especializada

Acreditarase mediante certificación asinada pola Comisión de Docencia do centro onde se impartiseesta, na cal deberá constar expresamente os períodos de desenvolvemento de tal actividade e condición en que se impartiu.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito

e) Experiencia profesional

A experiencia profesional acreditarase mediante certificación emitida pola Dirección de Recursos Humanos do centro ou órgano equivalente na que deberá constar a seguinte información: categoría/especialidade, tipo de vínculo (fixo, temporal, atención continuada, formación, promoción profesional temporal), réxime xurídico de vinculación (laboral, funcionario, estatutario), data de inicio e fin de cada unha das vinculacións/nº de horas no suposto de vínculos de atención continuada, total de días de vinculación, réxime de xornada (xornada completa, tempo parcial).

No suposto de institucións sanitarias públicas, tal certificación deberá facer constar constar expresamente a naturaleza pública da institución e a súa integración no sistema sanitario público do Estado respectivo. Noutro caso a experiencia profesional non será obxecto de valoración.

No suposto de institucións sanitarias privadas concertadas deberá quedar debidamente acreditado no certificado a existencia dun concerto co respectivo servizo de saúde autonómico ou sistema sanitario público dun país da Unión Europea nos períodos de vinculación. Noutro suposto tal mérito non será valorado.

No suposto de institucións sanitarias privadas acreditadas para a docencia, deberá quedar debidamente acreditado no certificado que se achegue a condición de institución acreditada no ámbito do SNS ou sistema sanitario público dun país da Unión Europea para a formación de especialidades de profesións sanitarias.

Non se valorarán as certificacións de vida laboral emitidas polo INSS nin os nomeamentos/contratos que poidan ser achegados polos/as interesados/as.

Non será necesario acreditar documentalmente a experiencia profesional nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, así como a condición de centro concertado co Servizo Galego de Saúde.

f) Publicación de traballos científicos e de investigación

• Revistas científicas indexadas en Pubmed. Non será necesaria a súa acreditación documental. O/a aspirante consignará na aplicación informática, no espazo habilitado para o efecto, o código de identificación PMID e rexistrará manualmente a información relativa a número de sinaturas, número de orde de sinaturas e tipo de publicación. O sistema realizará a captura automática da información relativa aos outros campos da base de datos de Pubmed para a súa posterior validación.

• Revistas científicas indexadas no CSIC (ICYT, ISOC), IBECS, Web of Knowledge (Wok), Embase, PsycINFO. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial responsable ou organismo público con competencias en xestión e arquivo de publicacións. Na certificación ou copia impresa deberá constar o nome da revista, o título do traballo, o seu autor e a data de publicación.

• Libros/capítulos de libro editados en papel. Deberá achegarse copia compulsada das follas en que conste o título do libro, o título do capítulo, o autor, editorial, o seu depósito legal e/ou ISBN/NIPO, lugar e ano de publicación e índice da obra. Ademais deberá quedar acreditado o número de páxinas do libro/capítulo e que tal publicación está avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

• Libros editados en formato electrónico. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial ou organismo público con competencias de xestión e arquivo de publicacións, na que se fará constar a autoría do capítulo e demais datos bibliográficos básicos que identifiquen a obra e/ou capítulo (autores, data de publicación, edición, ano, URL e data de consulta e acceso). Tal publicación deberá estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

g) Premios de investigación

Acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do diploma de concesión. Se no diploma non consta expresamente o seu ámbito, deberá complementarse tal documentación coa achega das bases de convocatoria do premio.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

h) Proxectos de investigación

A participación como investigador principal no proxecto de investigación acreditarase mediante copia da publicación oficial da resolución de convocatoria, sempre que consten os datos necesarios para identificar o proxecto e o investigador, ou certificado de participación expedido polo organismo financiador, no cal consten os datos identificativos do interesado e do proxecto no que participa.

A participación como investigador colaborador acreditarase mediante a presentación da copia de resolución de convocatoria se nela consta tal participación. O/a aspirante deberá constar como parte do equipo investigador definido no documento de solicitude do proxecto ou en documento posterior que así o acredite no caso de que houbese cambios no equipo investigador ao longo da súa vixencia.

No suposto de que o organismo convocante non expida certificados de participación, deberá achegarse certificado asinado polo investigador principal en que conste a identidade do/s colaborador/es, notificación acreditativa de concesión do proxecto ao investigador principal expedida polo organismo e copia do proxecto orixinal enviado a convocatoria no cal deberá constar a identidade dos investigadores colaboradores.

i) Estadías formativas

Acreditaranse mediante certificación do responsable da estadía (director do centro) na cal se faga constar o obxecto da estadía e as datas de inicio e fin. Xunto coa dita certificación achegarase a copia do contrato ou resolución da convocatoria da bolsa, segundo a condición da estadía.

Non serán tidas en conta as rotacións externas realizadas durante o período formativo da respectiva especialidade.

j) Patentes

As patentes solicitadas e aceptadas acreditaranse coa inscrición no Rexistro de Patentes.

As patentes que se encontren en explotación acreditaranse coa achega do acordo de explotación da patente.

k) Programa de formación en Investigación Río Hortega

Este mérito deberá ser rexistrado electronicamente polo/a aspirante en Fides/expedient-e no na epígrafe doutros méritos.

Acreditarase este mérito mediante contrato de traballo asinado entre o candidato e a entidade beneficiaria, xunto ao que se achegará informe de vida laboral expedido polo INSS.

l) Compulsa de documentos

As copias dos documentos acreditativos de méritos que se acheguen deberán estar cotexadas polo responsable do rexistro onde se presenten ou compulsadas por notario ou funcionario público acreditado para a realización de tales funcións.

m) Tradución de documentos

Cos títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español deberá xuntarse a súa tradución ao castelán ou galego, que deberá efectuarse:

a) Por tradutor xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.

b) Por calquera representación diplomática ou consular do Estado español no estranxeiro.

c) Pola representación diplomática ou consular en España do país de que é cidadán/cidadá o/a solicitante ou, de ser o caso, do de procedencia do documento.

Respecto dos traballos científicos e de investigación redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida.

ANEXO VI
Instrucións de acceso ao expediente electrónico (Fides)

A Oficina Virtual do Profesional (Fides) constitúe o punto de encontro telemático entre o Servizo Galego de Saúde e os/as profesionais con que mantén unha vinculación, así como coas persoas aspirantes e profesionais doutros servizos de saúde que participen nos procesos de selección e provisión de prazas convocados por este organismo, configurándose como a plataforma de acceso ao expediente electrónico do/da profesional ou aspirante.

O acceso a Fides poderase realizar desde:

– Internet (profesionais do Servizo Galego de Saúde e procedentes doutros servizos autonómicos de saúde).

– A intranet do Servizo Galego de Saúde (só dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, e desde equipamentos informáticos situados fisicamente na rede corporativa).

1. Acceso desde internet.

1.1. Acceso desde internet con certificado dixital.

Os profesionais do Servizo Galego de Saúde así como os que procedan doutro servizo de saúde autonómico poderán acceder desta forma a Fides a través do enderezo http://Fides.sergas.es.

É requisito indispensable dispor dun certificado dixital para acceder a través desta vía. Os certificados aceptados son os expedidos pola FNMT (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre) e o DNI electrónico (DNIe).

Para obter o certificado dixital expedido pola FNMT será preciso solicitalo a través da Internet (no enderezo www.cert.fnmt.es) ou ben en calquera oficina da Axencia Tributaria (Ministerio de Economía e Facenda).

Se o usuario xa dispón dunha tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico, esta xa contén un certificado da FNMT, polo que non será necesario solicitar un novo. De feito, a solicitude dun novo certificado inhabilitará o que existe na tarxeta sanitaria.

Pola súa parte, o DNI electrónico (DNIe) poderase solicitar nas oficinas da Dirección Xeral da Policía.

Para a identificación do usuario mediante tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico ou a través do DNI electrónico, será preciso, con carácter xeral, dispoñer dunha lectora de tarxetas. Non se requirirá lectora de tarxetas unicamente no suposto de dispor dun certificado dixital da FNMT instalado no propio equipo.

Os/as usuarios/as poderán solicitar información e obter asesoramento sobre a acreditación electrónica nos PAE (punto de acreditación electrónica) habilitados polo Servizo Galego de Saúde nos diversos centros sanitarios de atención especializada e atención primaria do organismo.

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os/as profesionais actualmente vinculados ao Servizo Galego de Saúde, así como aqueles profesionais procedentes doutros servizos de saúde que nalgún momento do pasado tiveron algún tipo de vinculación co citado organismo, serán tanto o acceso á xestión do expediente electrónico e á inscrición electrónica no proceso de concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo, así como ao resto de funcionalidades existentes na Oficina Virtual do Profesional (Fides).

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os profesionais que nunca tiveron un vínculo co Servizo Galego de Saúde serán tanto o acceso á xestión do expediente electrónico como á inscrición electrónica no proceso de concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo.

A primeira vez que un profesional acceda con certificado dixital a Fides, solicitaráselle que cubra un formulario de alta con datos básicos.

1.2. Acceso desde internet sen certificado dixital

O acceso a Fides desde internet sen certificado dixital efectuarase a través do enderezo http://Fides.sergas.es.

Esta forma de acceso non estará habilitada para aqueles profesionais actualmente vinculados ao Servizo Galego de Saúde. Unicamente os profesionais que tiveron no pasado algún vínculo laboral co Servizo Galego de Saúde ou aqueles que nunca mantiveron relación profesional con este organismo poderán elixir esta forma de acceso ao sistema.

Por motivos de seguridade e de protección de datos, este tipo de acceso ten limitadas as funcionalidades do servizo a que se pode acceder. Así, aínda sendo posible acceder a determinados servizos, resulta recomendable optar polo acceso mediante certificado dixital, por resultar o método que ofrece as debidas garantías en canto á seguridade dos datos e permite o acceso a todas as funcionalidades de Fides.

Para acceder sen certificado dixital é necesario solicitar unha conta de usuario, formada por un identificador único e un contrasinal secreto. Os pasos para conseguir unha conta de usuario son os seguintes:

– Paso 1: desde a pantalla principal de Fides, na epígrafe de «acceso sen certificado», premer no enlace de acceso ao proceso de rexistro.

– Paso 2: cubrir debidamente o formulario e aceptar as condicións de uso. Neste formulario realizaranse unha serie de preguntas en función de se se tivo ou non algunha vez algún tipo de vinculación co Servizo Galego de Saúde, que haberá que responder correctamente para consolidar con éxito o proceso de alta.

No caso de non responder correctamente ás preguntas, o sistema enviará ao correo electrónico do usuario indicado no formulario un código que o interesado terá que presentar persoalmente nun dos PAE (punto de acreditación electrónica) habilitados polo Servizo Galego de Saúde nos diversos centros do organismo, xunto cun documento de identificación válido.

No caso de finalizar o proceso de alta correctamente, enviarase unha mensaxe de confirmación ao interesado ao enderezo de correo electrónico indicado no formulario, e tras a confirmación por parte do usuario, unha segunda mensaxe vía e-mail cos datos de acceso a Fides.

– Paso 3: cubrir os recadros de usuario e contrasinal de Fides, na epígrafe de «acceso sen certificado». A primeira vez que accedamos a Fides tras o proceso de alta o sistema solicitaranos que cambiemos o contrasinal por motivos de seguridade.

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os profesionais que nalgún momento do pasado tiveron algún vínculo co Servizo Galego de Saúde serán tanto o acceso á xestión do expediente electrónico como a inscrición electrónica no concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo. A través deste tipo de acceso non se poderá acceder ao resto de funcionalidades de Fides que, pola contra, si están dispoñibles no acceso con certificado dixital.

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os profesionais que nunca tiveron un vínculo laboral co Servizo Galego de Saúde serán tanto o acceso á xestión do expediente electrónico como a inscrición electrónica no concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo.

2. Acceso desde a intranet do Servizo Galego de Saúde.

Esta vía só estará dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e desde equipamentos informáticos situados fisicamente na rede corporativa do citado organismo.

Os/as profesionais cun vínculo activo terán, mediante este sistema, acceso á totalidade de servizos e funcionalidades de Fides, incluído o acceso á xestión do expediente electrónico e á inscrición electrónica no proceso de concurso de traslados.

O acceso a Fides realizarase mediante o código de usuario e contrasinal que os/as profesionais en activo xa teñen asignado e utilizan habitualmente para acceder ao resto de funcionalidades do sistema.

3. Manual de instrucións de acceso e funcionamento do expediente electrónico e validación da documentación.

Na sede electrónica do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) figura á disposición dos concursantes un manual de instrucións sobre o acceso e funcionamento do expediente electrónico, os diferentes estados en que se pode encontrar a información relativa aos seus méritos e normas de validación da documentación que se vai achegar.

4. Caixa de correo electrónico.

Para efectuar as consultas e resolver as dúbidas que xurdan en relación a este procedemento, habilítase o seguinte enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es.

ANEXO VII
Modelo de autoliquidación de taxas

missing image file