Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16573

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 2 de maio de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída no recurso de reposición interposto por Carmen María Gómez Couso e Jorge Raniero Domínguez Fojo.

Con data do 1 de abril de 2013 a conselleira de Facenda ditou resolución pola que se desestima o recurso de reposición formulado por Carmen María Gómez Couso e Jorge Raniero Domínguez Fojo, contra a Orde da Consellería de Facenda do 20 de febreiro de 2013 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Tentada, por dúas veces, a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polos interesados para os efectos de notificacións, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo, por non retirado tras os dous intentos en que consta ausente na repartición

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a Carmen María Gómez Couso e Jorge Raniero Domínguez Fojo a resolución antes referida.

Os interesados poden recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecenza para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que os interesados comparezan, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8.1 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública