Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2012/110-2, 8079 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social.

Domicilio social: rolda da Muralla, s/n, 27004 Lugo.

Denominación: CT de 630 kVA e liña de media tensión soterrada a 20 kV para centro de recría na granxa Gayoso-Castro.

Situación: concello de Castro de Rei.

Características técnicas:

– LMTS con orixe nun centro de seccionamento existente propiedade de BEGASA e final no CT poxectado, cunha lonxitude de 340 metros de condutor tipo RHZ1-240.

– CT prefabricado tipo PFU-4, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 11 de marzo de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo