Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2013 Páx. 16716

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre planta de manipulación, transformación, conservación, tratamento e comercialización de produtos da pesca e transformación de produtos conxelados no peirao de Comboa.

Fandicosta, S.A., entidade representada por Alfredo J. Campuzano Pereira, solicitou licenza municipal de actividade para planta de manipulación, transformación, conservación, tratamento e comercialización de produtos da pesca e transformación de produtos conxelados (epígrafes: –416.1 Transformación e almacenamento de peixe– e –754.4 Almacén frigorífico–), que se instalará no peirao de Comboa, s/n, porto de Vilagarcía de Arousa. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente, no Departamento de Actividades Clasificadas do concello, e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

Vilagarcía de Arousa, 26 de abril de 2013

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde-presidente