De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución sancionadora ditada polo director de Augas de Galicia, en materia de dominio público hidráulico, devolta polo servizo de Correos.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de alzada ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, transcorrido o cal a resolución devirá firme.
O importe da multa deberá ser aboado a través do seu ingreso na conta restrinxida de Augas de Galicia, recadación de multas e sancións, empregando o modelo que se facilitará nas dependencias desta entidade pública empresarial, praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.
Unha vez firme a resolución sancionadora sen constancia do seu pagamento, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Así mesmo, fáiselle saber que a resolución se encontra á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, sita no enderezo arriba indicado.
Santiago de Compostela, 24 de abril de 2013
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia
ANEXO
|
Expediente |
Interesado |
Enderezo |
Data da resolución |
Sentido da resolución |
Precepto infrinxido |
Cualificación |
Sanción |
Reposición |
|
DH.D15.30348 |
Mardecedeira, S.L. |
A Casanova, 1, Piñeiro, 15350 Cedeira |
29.1.2013 |
85.h) LAG |
Leve |
3.000,00 |
Si |

