A aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xustifícase pola necesidade de adaptación desta á estrutura orgánica da Consellería.
En consecuencia, por proposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 2 de maio de 2013, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo. Indícanse que postos de traballo constitúen unha excepción ao disposto no artigo 30 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, modificado pola Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, que se poderán cubrir polo sistema de libre designación con convocatoria pública:
CÓDIGO DO POSTO |
DENOMINACIÓN DO POSTO |
CRITERIO |
ED.C99.50.101.15001.001 |
Director/a biblioteca (Biblioteca da Coruña) |
Carácter directivo. Especial responsabilidade. |
ED.C99.50.201.15001.001 |
Director/a museo (Museo de Belas Artes da Coruña) |
Carácter directivo. Especial responsabilidade. |
ED.C99.50.101.15770.001 |
Director/a biblioteca (Biblioteca de Santiago de Compostela) |
Carácter directivo. Especial responsabilidade. |
ED.C99.50.201.15770.001 |
DIrector/a museo (Museo das Peregrinacións) |
Carácter directivo. Especial responsabilidade. |
ED.C99.50.101.27001.001 |
Director/a biblioteca (Biblioteca Lugo) |
Carácter directivo. Especial responsabilidade. |
ED.C99.50.301.27001.001 |
Director/a arquivo (Arquivo Lugo) |
Carácter directivo. Especial responsabilidade. |
ED.C99.50.201.27100.001 |
Director/a museo (Museo Castro de Viladonga (Lugo)) |
Carácter directivo. Especial responsabilidade. |
ED.C99.50.101.32001.001 |
Director/a biblioteca (Biblioteca Ourense) |
Carácter directivo. Especial responsabilidade. |
ED.C99.50.201.32001.001 |
Director/a museo (Museo Ourense) |
Carácter directivo. Especial responsabilidade. |
ED.C99.50.301.32001.001 |
Director/a arquivo (Arquivo Ourense) |
Carácter directivo. Especial responsabilidade. |
ED.C99.50.201.32680.001 |
Director/a museo (Museo Etnolóxico de Ribadavia) |
Carácter directivo. Especial responsabilidade. |
ED.C99.50.101.36001.001 |
Director/a biblioteca (Biblioteca Pontevedra) |
Carácter directivo. Especial responsabilidade. |
ED.C99.50.301.36001.001 |
Director/a arquivo (Arquivo Pontevedra) |
Carácter directivo. Especial responsabilidade. |
ED.C99.50.101.36040.001 |
Director/a museo (Museo Massó) |
Carácter directivo. Especial responsabilidade. |
ED.C99.50.101.36560.001 |
Director/a biblioteca (Biblioteca Vigo) |
Carácter directivo. Especial responsabilidade. |
Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 2 de maio de 2013, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 3 de maio de 2013
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda