Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 16976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Anuncio do 8 de abril de 2013, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, polo que se acorda deixar aberta, por un prazo de tres meses, a poxa pública para a venda duns inmobles situados no concello da Baña.

Advertidos erros no dito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 85, do 3 de maio de 2013, cómpre facer as seguintes correccións:

1. Nas páxinas 14069 e 14070, onde di: «85. Parcela nº 430, Cotón, situada en Suevos, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.636 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño; sur, Sara Parajó García; leste, María Rial Veira; e oeste, Purificación Romero Landeira. Referencia catastral: 15007A514004300000JW. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.047-N, tomo 742, libro 150 e folio 183. Prezo límite: 572,60 euros», debe dicir: «85. Parcela nº 430, Cotón, situada en Suevos, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.736 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño; sur, Sara Parajó García; leste, María Rial Veira; e oeste, Purificación Romero Landeira. Referencia catastral: 15007A514004300000JW. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.047-N tomo 742, libro 150 e folio 183. Prezo límite: 607,60 euros».

2. Na páxina 14072, onde di: «99. Parcela nº 13, Travesales, situada en Corneira, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 3.379 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Carmen Fins Muñiz; sur, Sabina Parente; leste, María Esperanza Rubido Romero; e oeste, camiño de concentración. Referencia catastral: 15007A516000130000JO. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.899-N, tomo 742, libro 150 e folio 139. Prezo límite: 830,37 euros», debe dicir: «99. Parcela nº 13, Travesales, situada en Corneira, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 961 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Carmen Fins Muñiz; sur, Sabina Parente; leste, María Esperanza Rubido Romero; e oeste, camiño de concentración. Referencia catastral: 15007A516000130000JO. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.899-N, tomo 742, libro 150 e folio 139. Prezo límite: 336,35 euros».