Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 17009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2013 pola que se anuncia a contratación centralizada, por procedemento negociado con publicidade e suxeito a regulación harmonizada, da subministración de enerxía eléctrica aos centros de consumo da Rede de enerxía da Xunta de Galicia (Redexga), expediente 01/2013 SX.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 981 54 55 22 e 981 54 55 23.

5) Telefax: 981 54 49 49.

6) Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: economiaeindustria.xunta.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de solicitudes de participación.

d) Número de expediente: 01/2013 SX.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de enerxía eléctrica aos centros de consumo da Redexga.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: ata o 31 de decembro de 2015.

f) Admisión de prórroga: si, ata dous anos.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 09310000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado con publicidade e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 86.895.920,30 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Segundo o establecido na cláusula C da folla de especificacións do PCAP.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): deberá acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 12 de xuño de 2013.

b) Modalidade de presentación: no prazo indicado no punto anterior presentarase o sobre nº 1 coa solicitude de participación e a documentación que se sinala no punto 5.2.2.1 do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela; 15781.

4) Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar para presentar ofertas: serán invitadas todas as empresas que demostren a súa capacidade e solvencia para a execución do contrato (documentación do sobre nº 1 correcta e completa) de acordo coas condicións establecidas no prego.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata o prazo máximo de resolución do procedemento.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres nº 1: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres nº 2: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos que van ser obxecto de negociación.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela; 15781.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura do sobre nº 2.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no BOE e no DOG. A publicación no DOUE, polo seu carácter gratuíto, non orixinará gasto para o adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 6 de maio de 2013.

12. Outras informacións:

a) Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18892

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2013

Por delegación (Orde 30.4.2009, DOG número 87, do 6 de maio)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria