Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 16730

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 13 de maio de 2013 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia.

A Lei 8/2009, do 22 de decembro, regula o aproveitamento eólico en Galicia, crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental. O canon, na súa calidade de prestación patrimonial de dereito público de natureza extrafiscal e real, ten como obxectivo contribuír a regular na nosa comunidade autónoma o ambiente na súa consideración de ben protexido.

Establece o artigo 9 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, que os ingresos derivados do canon, deducidos os custos de xestión, se destinarán á conservación, reposición e restauración do ambiente, así como a actuacións de compensación e reequilibrio ambiental e territorial das cales serán principais beneficiarios os municipios afectados pola implantación de parques eólicos e polas instalacións de evacuación destes.

Establece tamén que será beneficiaria o conxunto da sociedade mediante actuacións que, promovidas pola Administración autonómica, se dirixan ao incremento da eficiencia no aproveitamento dos recursos enerxéticos renovables, da sustentabilidade, da biodiversidade e do uso recreativo e educativo dos recursos de Galicia.

Por outra banda, o artigo 23 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, procede á creación do Fondo de Compensación Ambiental, que se financiará cos ingresos obtidos do canon eólico e que ten como obxectivo a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial.

Ademais, o Fondo de Compensación Ambiental regularase segundo as disposicións previstas no capítulo II da Lei 8/2009 e as ordes que para a súa regulación dite a consellería con competencias en materia de réxime local.

Na mesma liña, os artigos 10 e 25 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, establecen que para a determinación das actuacións se observará o establecido pola orde de regulación do Fondo de Compensación Ambiental.

No eido do destino do Fondo, logo da modificación da Lei 8/2009 introducida a través da Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais para 2013 (DOG nº 42, do 28 de febreiro), incorpóranse como principais novidades diferentes aspectos relativos á contratación de persoal, como a posibilidade de imputar os gastos correspondentes a persoal propio da corporación local, non só cando deriven dos custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural senón tamén cando na execución dun investimento participe directamente o referido persoal. Así mesmo, pola mesma modificación, cuantifícase por lei a porcentaxe mínima do Fondo destinada a aquelas entidades cuxo termo municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico ou que resulten afectadas polas correspondentes instalacións de conexión.

O actual escenario de crise económica que afecta tamén os concellos obriga a impulsar medidas relativas á xestión eficaz e eficiente dos recursos dispoñibles, co obxecto de poder continuar prestando os debidos servizos aos cidadáns, en condicións de calidade, que satisfagan as súas necesidades, polo que é preciso minimizar custos e xestionar de forma compartida para actuacións públicas.

Neste senso, o artigo 26 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no mesmo sentido o artigo 81 Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia, permiten que os municipios presten os seus servizos independentemente ou asociados.

Por isto, posibilítase que os concellos formulen solicitudes de subvención na modalidade de xestión compartida con outros concellos a través de agrupacións ou asociacións de concellos, tanto na liña en concorrencia competitiva como en concorrencia non competitiva.

Incorporarase no portal eidolocal.es un ou varios modelos de convenio para a xestión compartida de servizos que ten carácter orientativo en relación co que poidan formalizar os concellos e sen prexuízo de que os concellos poidan realizar de forma compartida outras actuacións a través do instrumento xurídico que entendan oportuno.

Finalmente, o Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, atribúelle á Dirección Xeral de Administración Local as relacións coas entidades, así como as convocatorias e propostas de adxudicación de axudas e subvencións ás entidades que sexan competencia desa dirección xeral, polo que será este centro directivo o órgano competente para a ordenación e instrución e ao cal lle corresponda elevar as propostas de resolución do procedemento de concesión.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. O Fondo de Compensación Ambiental ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial. Este fondo carece de personalidade xurídica e a súa xestión correspóndelle á dirección xeral competente en materia de réxime local, de conformidade coas directrices que se establezan nesta orde.

2. Por medio desta orde establécense os criterios de repartición e regúlanse as bases e a convocatoria das subvencións para o ano 2013 do Fondo de Compensación Ambiental, en réxime de concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, afectadas á realización de gastos que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego.

Artigo 2. Distribución do Fondo de Compensación Ambiental

1. Os ingresos obtidos ata o 8 de marzo de 2013 pola aplicación do canon eólico ascenderon a 22.861.500,00 euros, e os gastos de xestión deste recurso tributario a 228.615,00 euros, polo que a asignación inicial do Fondo de Compensación Ambiental para o exercicio 2013 establécese en 22.632.885,00 euros.

2. Segundo o establecido no artigo 25 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a lei anual de orzamentos poderá establecer criterios específicos de afectación do Fondo de Compensación Ambiental sempre e cando a súa aplicación non comprometa máis do 50 % da dotación, polo que o Fondo de Compensación Ambiental, deducidos tanto os gastos de xestión como o establecido no artigo 25 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, resulta dun total de 11.316.442,50 euros. Logo da modificación introducida pola Lei 2/2013, do 27 de febreiro, destinarase como mínimo o 50 % desta cantidade dispoñible do Fondo ás entidades cuxo termo municipal se encontre dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico ou resulten afectadas polas correspondentes instalacións de conexión.

O importe resultante distribúese do seguinte xeito:

a. Para o financiamento da convocatoria de subvencións destínase un total de 8.424.775,84 €, coa seguinte distribución:

Descrición

05.23.141A.461.0

05.23.141A.761.0

Totais por liña

Liña en concorrencia non competitiva

3.528.124,83 €

3.528.124,83 €

7.056.249,66 €

Liña en concorrencia competitiva

684.263,09 €

684.263,09 €

1.368.526,18 €

Totais por aplicación orzamentaria

4.212.387,92 €

4.212.387,92 €

8.424.775,84 €

b. Na liña en concorrencia competitiva existe a posibilidade de ampliación de crédito de se producir un incremento da recadación efectiva do canon eólico ou por incorporacións de saldos de crédito do orzamento 2012, supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Nestes casos procederase á súa publicación nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio do novo cómputo de prazo para resolver.

c. Ao abeiro do previsto no artigo 25.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, para actuacións específicas de protección do ambiente, incluídas aquelas que teñan por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou de risco, destínanse 2.891.666,66 € coa seguinte distribución:

Centro xestor

Aplicación orzamentaria

Importe

Descrición

D.X. Administración Local

05.23.141A.761.0

75.000,00

Outras actuacións Fondo de Compensación Ambiental

D.X. Administración Local

05.23.141A.461.0

75.000,00

Outras actuacións Fondo de Compensación Ambiental

D.X. Administración Local

05.23.141A.461.1

291.666,66

Fondo de Compensación Ambiental. Convenios grupos emerxencias

D.X. Emerxencias e Interior

05.25.212A.442.0

598.763,00

Consorcios comarcais contra incendios

D.X. Emerxencias e Interior

05.25.212A.442.1

1.401.237,00

Consorcios provinciais contra incendios

D.X. Emerxencias e Interior

05.25.212A.626.0

360.000,00

Convenio Red.es

D.X. Emerxencias e Interior

05.25.212A.640.1

90.000,00

Convenio Red.es

Total

2.891.666,66

 

d. O importe do crédito destinado á liña en concorrencia competitiva do artigo 3.1.b) increméntase coa incorporación de 560.506,18 € procedentes do saldo de crédito do orzamento 2012, dentro da aplicación 05.23.141A.761.0, polo que a distribución final do crédito destinado á convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental, que ascende a 8.985.282,02 €, é a seguinte:

Descrición

05.23.141A.461.0

05.23.141A.761.0

Totais

Liña en concorrencia non competitiva (artigo 3.1.a)

3.528.124,83 €

3.528.124,83 €

7.056.249,66 €

Liña en concorrencia competitiva (artigo 3.1.b)

684.263,09 €

1.244.769,27 €

1.929.032,36 €

Totais por aplicación orzamentaria

4.212.387,92 €

4.772.894,10 €

8.985.282,02 €

Artigo 3. Liñas de subvención, beneficiarios individuais e de xestión compartida e exclusións

1. Esta orde reguladora da convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental inclúe, segundo o principio de economía procedemental, dúas liñas de subvención coa mesma causa e finalidade, isto é, o cumprimento da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental:

a. Convocatoria de subvencións de natureza non competitiva, destinada a aqueles concellos de Galicia cuxo territorio municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico e, igualmente, aos afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación, relacionados no anexo V-A e no anexo V-B desta orde, que formulen:

a) Petición de maneira individual.

b) Petición de maneira conxunta mediante agrupación ou asociación de concellos nos termos do artigo 9.

b. Convocatoria de subvencións de natureza competitiva:

a) Os concellos de Galicia que formulen petición de maneira individual.

b) Os concellos de Galicia que formulen petición de maneira conxunta mediante agrupacións ou asociacións de concellos, nos termos do artigo 9.

c) As mancomunidades de concellos de Galicia.

d) Os consorcios locais de Galicia, constituídos de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, sempre que estean participados por un ou varios concellos.

2. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as deputacións provinciais.

Artigo 4. Gastos subvencionables

1. Considéranse gastos elixibles ou subvencionables:

a. Os investimentos en inmobilizado: custo de man de obra externa, execución material, equipamentos e instalacións. Cando no investimento participe directamente persoal da entidade local, procederase á imputación dos gastos correspondentes ao persoal utilizado.

b. Custos de proxecto e dirección de obra, de tratarse de contratacións externas.

c. Custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural. No caso de utilizar persoal da entidade local, procederase á imputación dos gastos correspondentes ao persoal utilizado.

d. Contratación de persoal para os servizos municipais nos termos desta orde.

2. Considéranse tamén gastos subvencionables:

a. Os contratos de subministracións para a adquisición de equipamentos, produtos, vehículos ou bens mobles.

b. Os gastos de asesoría xurídica ou financeira, os gastos notariais e rexistrais e os gastos periciais para a realización do proxecto subvencionado, se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a adecuada preparación ou execución desta.

c. Os tributos, sobre todo o imposto sobre o valor engadido (IVE) son subvencionables se o beneficiario os aboa efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

d. Os custos indirectos formarán parte da xustificación da subvención, sempre que os imputase o beneficiario á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo con principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.

3. En todo caso, as subvencións están destinadas á realización de actuacións de investimento e a custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, e deberán responder a algún dos seguintes criterios ou obxectivos:

a. Actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, ao coñecemento e utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e á recuperación do medio natural degradado ou contaminado.

b. Actuacións de impulso da eficiencia e de utilización sustentable das enerxías renovables.

c. Outras actuacións de protección do ambiente e do espazo natural.

Para os efectos do previsto neste artigo, considerarase que atenden aos criterios determinados nas letras a), b) e c) do ordinal terceiro anterior, entre outros, os seguintes proxectos:

a) Recuperación de espazos ambientalmente degradados ou contaminados.

b) Proxectos de eficiencia enerxética na luz pública ou obras en edificios municipais que supoñan unha mellora na eficiencia enerxética do edificio.

c) Vehículos eléctricos.

d) Centros de interpretación do ambiente e aulas da natureza.

e) Parques-escolas infantís que teñan como contido ou característica principal a utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais.

f) Paseos, áreas recreativas e rutas de sendeirismo que se localicen ou transcorran por zonas con valores ambientais, para a súa utilización recreativa e/ou didáctica.

g) Puntos limpos e centros de reciclaxe de residuos.

h) Proxectos de saneamento, redes de sumidoiros e abastecemento de augas.

i) Proxectos e actuacións no ámbito municipal para evitar a degradación e a deterioración ambiental, en particular aquelas actuacións destinadas á prevención de incendios forestais.

j) Proxectos e actuacións para o control ambiental no ámbito municipal, tales como a adquisición de equipamento para efectuar as medicións relacionadas con actividades molestas e insalubres e para a toma de mostras, tanto sólidas como líquidas, no caso de residuos e verteduras.

k) Adquisición de vehículos destinados a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco.

l) Vehículos de policía local ou protección civil con equipamento especial para o desenvolvemento de tarefas no eido ambiental, tales como sonómetros para efectuar as medicións relacionadas cos ruídos molestos e insalubres e/ou equipamento para toma de mostras, tanto sólidas como líquidas, nos casos de residuos e verteduras. En todo caso, estes vehículos deberán cumprir a normativa existente en materia de policía e protección civil.

Artigo 5. Contratación de persoal e imputación de custos

1. Considéranse subvencionables os custos de persoal sempre que estean vinculados á execución das actuacións subvencionadas.

2. Os custos de persoal comprenden tanto o persoal propio da entidade local como o persoal contratado especificamente para a execución das actuacións subvencionadas:

a. Nas subvencións para gastos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural poderanse imputar os gastos correspondentes ao persoal utilizado:

1) Persoal propio da entidade local.

2) Persoal contratado especificamente para os servizos de que se trate.

b. Nas subvencións para investimentos, poderanse imputar os custos de persoal utilizado para a execución das actuacións subvencionadas:

1) Persoal propio da entidade local.

2) Persoal contratado especificamente para a execución da actuación subvencionada.

3. Para os efectos do previsto neste artigo, considerarase que atenden aos criterios determinados nos números 1 e 2 anteriores, entre outros, a contratación de persoal para a realización dalgunha das seguintes actividades ou servizos:

a. Técnicos de ambiente e/ou urbanismo.

b. Vixilantes ambientais.

c. Auxiliares de policía local contratados para a tempada de verán, sempre que desenvolvan tarefas vinculadas ao ambiente, como controis de contaminación acústica.

d. Persoal adscrito ás brigadas ambientais.

e. Servizos de xestión da auga, protección e mantemento de espazos naturais.

Artigo 6. Custos de funcionamento dos servizos municipais, mancomunados ou consorciados dedicados á protección do ambiente e do espazo natural

Para os efectos desta orde, considéranse custos de funcionamento dos servizos municipais os dedicados á protección do ambiente e do espazo natural sempre que se acredite, mediante certificación emitida pola secretaría da entidade local solicitante, a vinculación do gasto co servizo ou servizos municipais, mancomunados ou consorciados que teñan asignadas as funcións da protección do ambiente e do espazo natural.

Artigo 7. Custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, executados con anterioridade á publicación da orde de convocatoria

Serán subvencionables os custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural en que incorrese a entidade solicitante como consecuencia da realización de actuacións acordes coa presente orde de convocatoria, mesmo aqueles que se efectuasen con anterioridade á publicación da orde, sempre que se trate de gastos correspondentes ao actual exercicio económico, sen prexuízo do deber do cumprimento de todas as obrigas e os trámites recollidos na orde e demais lexislación vixente.

Artigo 8. Requisitos de admisión e remisión da conta xeral ao Consello de Contas

1. Poderán ser beneficiarios destas subvencións os concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia que cumpran, ademais, co requisito de ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2011 ao Consello de Contas de Galicia. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

No caso de agrupamento de concellos ou solicitude conxunta para a xestión compartida, deberán cumprir con este requisito todos os concellos agrupados ou asociados. A falta de acreditación deste requisito por parte dalgún dos concellos participantes na solicitude de subvención supoñerá a inadmisión desta.

2. Dentro da liña en concorrencia competitiva, cada concello só poderá participar nunha solicitude, individual, conxunta, de mancomunidades ou de consorcios. As mancomunidades e consorcios locais só poderán presentar unha solicitude.

3. Na liña en concorrencia non competitiva, cada concello poderá presentar ata dúas solicitudes sempre e cando unha delas sexa mediante a súa participación nunha solicitude conxunta.

4. O orzamento para gastos de funcionamento non será superior ao 50 % do orzamento total das actuacións para as cales se solicita subvención. En caso de presentar solicitude de subvención só para gastos de funcionamento, aplicaranse as cantidades máximas establecidas no artigo 14 para a liña non competitiva e no artigo 15 para a liña competitiva.

5. Nas subvencións para gastos de funcionamento, os servizos para os cales se solicite subvención deberán ter asignadas as funcións da protección do ambiente e do espazo natural, e a vinculación do gasto cos referidos servizos acreditarase mediante certificación emitida pola secretaría do concello.

6. Nas subvencións para obras, a entidade solicitante terá a plena dispoñibilidade sobre os terreos e predios sobre os cales se pretende realizar as actuacións. Estes requisitos deberán estar cumpridos antes do remate do prazo de presentación de solicitudes e acreditaranse mediante a certificación emitida pola secretaría do concello no modelo do anexo VI.

7. A solicitude irá acompañada do acordo do concello, da mancomunidade, do consorcio ou do concello representante da agrupación ou asociación de concellos, segundo o caso, polo cal se solicita a subvención para as obras ou equipamentos concretos ou para os gastos de funcionamento que se pretenden executar ao abeiro desta orde e se aceptan expresamente as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nelas. Este acordo deberá estar adoptado antes do remate de presentación de solicitudes e acreditarase mediante certificación emitida pola secretaría do concello, mancomunidade ou consorcio solicitante.

8. Nas solicitudes para gastos de funcionamento, non se admitirá a solicitude no tocante aos referidos gastos de se superaren as cantidades ou porcentaxes máximas establecidas no artigo 14 para a liña non competitiva e no artigo 15 para a liña competitiva, segundo proceda.

9. O incumprimento de calquera das condicións ou requisitos establecidos neste artigo na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes constituirá causa de inadmisión da solicitude, sen prexuízo de calquera outra que poida derivar da normativa aplicable.

Artigo 9. Concellos agrupados ou asociados para solicitudes de xestión compartida, mancomunidades e consorcios

1. Dentro da liña en concorrencia competitiva, nos termos descritos na presente orde, os concellos poderán presentar solicitudes conxuntas de subvención que se desenvolvan ou vaian desenvolver mediante fórmulas de xestión compartida, para a mellora de actuacións xa compartidas ou para o desenvolvemento de novos proxectos.

Segundo se establece no artigo 8.2, na liña en concorrencia competitiva, a inclusión dun concello nunha solicitude de xestión compartida, sexa nunha asociación ou agrupación de concellos sexa mediante a participación na solicitude presentada pola mancomunidade ou polo consorcio do que forme parte, exclúe a posibilidade de presentar unha solicitude individual e de participar con outros concellos noutra solicitude.

2. Na liña en concorrencia non competitiva, todos os concellos consignados nos anexos V-A e V-B poderán formular solicitudes conxuntas de subvención con concellos que reúnan estes mesmos requisitos. Para tal fin, deberán subscribir a correspondente solicitude conxunta, nos termos descritos na presente orde, para a mellora de actuacións xa compartidas ou para o o desenvolvemento de novos proxectos.

O importe destinado a xestión compartida de servizos computará para os efectos de determinar o límite máximo do 50 % que cada concello pode solicitar de gasto corrente.

3. No caso de solicitudes de concellos asociados ou agrupados para a realización dun proxecto común, os concellos integrantes nomearán un/ha alcalde/sa como representante único que actuará como coordinador/a e interlocutor/a ante a Dirección Xeral de Administración Local e que será quen reciba e xustifique a subvención.

Artigo 10. Requisitos de participación nunha solicitude individual ou nunha solicitude conxunta de mancomunidades ou de consorcios

1. Na liña en concorrencia competitiva observaranse os seguintes requisitos de participación:

a. A solicitude poderá ser individual de concellos, mancomunidades de concellos ou consorcios locais, ou conxunta mediante a participación dos concellos en solicitudes conxuntas de agrupacións ou asociacións de concellos.

b. Só poderá presentarse unha solicitude por concello, aínda que cada solicitude, individual ou conxunta, poderá incluír máis dunha actuación. Os orzamentos máximos do proxecto ou actuacións solicitadas serán os establecidos no artigo 15.

c. A presentación dunha solicitude individual dun concello exclúe a participación nunha solicitude de mancomunidades, de consorcios locais ou nunha conxunta de asociacións ou agrupacións de concellos ou viceversa.

d. Para estes efectos, as solicitudes presentadas por mancomunidades de concellos ou consorcios locais irán acompañadas dunha certificación da súa secretaría onde se fagan constar os concellos membros da mancomunidade ou consorcio que participan no proxecto para o cal se solicita subvención ao abeiro desta orde.

2. Na liña en concorrencia non competitiva, os concellos poderán participar nunha solicitude individual e nunha solicitude conxunta. Os importes de ambas as subvencións, individual e conxunta, non poderán superar a suma das cantidades consignadas nos anexos V-A e V-B para os concellos partícipes.

3. Cando o órgano tramitador observe que un concello participa en máis dunha solicitude, poñerao de manifesto para que, no prazo máximo de dez días, poida desistir da solicitude ou solicitudes necesarias para dar cumprimento ao establecido neste artigo.

De non se ter recibido comunicación da desistencia dentro do prazo establecido, inadmitiranse todas as solicitudes en que o concello participe.

Artigo 11. Inadmisión de proxectos conxuntos, de mancomunidades ou de consorcios que non acrediten xestión compartida

1. Sen prexuízo doutros supostos en que proceda a inadmisión da solicitude, para as solicitudes conxuntas formuladas por agrupacións ou asociacións de concellos, mancomunidades e consorcios locais establécese expresamente a inadmisión daquelas solicitudes en que non se acredite a realización conxunta da actuación ou servizo para a cal se solicita subvención e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.

2. Sen prexuízo do anterior, consideraranse solicitudes conxuntas aquelas en que os concellos agrupados establezan a licitación conxunta das actuacións para as cales se solicita subvención, sempre que recollan especificamente na memoria xustificativa que acompaña a solicitude a fundamentación en razóns de economía de escala, na racionalización do gasto e en criterios de eficiencia e eficacia, e presenten xunto coa solicitude o convenio regulador a que se refire o artigo 12.

3. Nos supostos de mancomunidades e consorcios deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado ou consorciado e que non supón, en ningún caso, unha actuación illada ou independente.

Artigo 12. Convenios reguladores da agrupación ou asociación de concellos e prazo de remisión

1. Aqueles concellos que desexen formular unha solicitude conxunta, deberán regular a agrupación ou asociación mediante un convenio de colaboración.

2. O convenio de colaboración terá o seguinte contido orientativo:

a. Data e parte expositiva.

b. Concellos que subscriben o convenio e capacidade xurídica con que actúa cada unha das partes.

c. Obxecto.

d. Designación do concello representante.

e. Ámbito territorial.

f. Obxectivos da colaboración e actuacións que acorden desenvolver para o seu cumprimento.

g. Xestión compartida do servizo.

h. Medios persoais e materiais, de ser o caso.

i. Financiamento da actuación.

j. Causas de resolución.

k. Prazo de vixencia do convenio.

l. Natureza do convenio.

3. En todo caso, o convenio de colaboración que regule a agrupación ou asociación de concellos deberá recoller o seguinte contido obrigatorio:

a. Os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación ou asociación.

b. O importe da subvención que debe aplicar cada un dos concellos agrupados ou asociados.

c. O compromiso solidario de execución e de aplicación solidaria da subvención.

d. O compromiso de non disolver a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 65 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O convenio de colaboración subscrito entre as partes deberá achegarse no prazo máximo dun mes contado desde a notificación da resolución de concesión da subvención, aínda que poderá presentarse coa solicitude de subvención. Exceptúase o suposto previsto no artigo 11.2 en que será obrigatorio achegar o convenio xunto coa solicitude.

5. No caso de presentar o convenio asinado xunto coa solicitude, xa non será exixible achegalo unha vez notificada a concesión da subvención.

6. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través do portal dos concellos Eidolocal, publicará un ou varios modelos de convenio relativos á xestión compartida, de forma conxunta, agrupada ou asociada, que terán carácter orientativo.

Artigo 13. Distribución orzamentaria do crédito destinado ás subvencións en réxime de concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva

1. A axuda económica que se conceda será en función das solicitudes presentadas en cada unha das liñas de subvención e segundo a seguinte distribución orzamentaria inicial:

a. A liña de subvención non competitiva, isto é, destinada aos concellos de forma individual ou conxunta segundo o establecido nesta orde, cuxo territorio municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico e igualmente aos afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación, con cargo ás aplicacións 05.03.141A.761.0 e 05.03.141A.461.0, por importe de 7.056.249,66 euros, percibirán unha axuda en réxime de concorrencia non competitiva conforme os seguintes criterios e para actuacións segundo o exposto nesta orde:

a) Os concellos que teñan instalados aeroxeradores dentro do seu termo municipal recibirán a cantidade total de 5.824.908,00 euros segundo o anexo V-A, repartidos de xeito proporcional con base no número de aeroxeradores.

b) Os concellos afectados por instalacións de conexión ou vías de evacuación dentro do seu termo municipal recibirán a cantidade total de 1.231.341,66 euros segundo repartición do anexo V-B. Os importes individuais determínanse de xeito proporcional de acordo co número de metros de instalación de conexión e vías de evacuación e establécese un importe mínimo de 2.000 euros.

b. Para a liña de subvención en concorrencia competitiva, isto é, destinada a todos os concellos de Galicia, de forma individual, agrupados ou asociados, ás mancomunidades de concellos e aos consorcios locais, destinarase un total de 1.929.032,36 €, con cargo ás aplicacións orzamentarias 05.23.141A.461.0 e 05.23.141A.761.0 consonte a distribución inicial indicada no artigo 2 desta orde, sen prexuízo do previsto no punto 2.b) dese mesmo artigo.

2. Considerando que segundo a regulación contida na Lei 8/2009, do 22 de decembro, resultan elixibles tanto os gastos de investimento como os custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, é preciso situar créditos no capítulo IV e no capítulo VII.

Así mesmo, non é posible coñecer de antemán os importes que cada entidade poderá solicitar con cargo a cada capítulo e, por outra banda, os expedientes na liña non competitiva resólvense segundo se completan, o que impide esperar a unha única resolución.

Por tanto, as cantidades inicialmente asignadas a cada aplicación orzamentaria do capítulo IV e do capítulo VII por cada liña de subvención teñen carácter estimativo. A súa determinación definitiva será a que resulte das resolucións de concesión que se diten ao abeiro desta orde, que deberán recoller os importes parciais das subvencións concedidas, clasificados de acordo co orzamento achegado por cada entidade como parte do proxecto ou anteproxecto que fundamenta a resolución de concesión.

O previsto neste punto requirirá, de ser o caso, a tramitación previa das preceptivas transferencias de crédito. No suposto de que polas características dos proxectos presentados as actuacións que se deban executar para o cumprimento da finalidade do Fondo de Compensación Ambiental e do programa orzamentario previsto exixan a adecuación da natureza económica do gasto poderán tramitarse cantos expedientes sexan necesarios de transferencias de crédito que atinxan aos capítulos IV e VII, consonte o previsto no artigo 9.1.e) da Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2013.

Por outra banda, segundo o establecido no punto 7.f) do artigo 9 da citada Lei de orzamentos, non é de aplicación o límite do 20 % de diminución das consignacións iniciais ao nivel de vinculación legalmente establecido ao tratarse dunha orde de convocatoria de subvencións que asigna o gasto a diversas aplicacións orzamentarias sen que sexa posible determinar previamente a contía imputable a cada unha delas.

3. No suposto de que algún concello dos relacionados nos anexos V-A e V-B non presentase a solicitude de subvención, non cumprise os requisitos da convocatoria ou fose declarado desistido da súa solicitude, a cantidade que teñan asignada poderá incrementar o importe total da liña de subvención competitiva.

Non obstante, tamén se poderá dedicar a cubrir outras necesidades dos concellos relacionadas coa finalidade do Fondo de Compensación Ambiental.

Artigo 14. Orzamento máximo, importes máximos subvencionables e límite de subvención para gastos de funcionamento na liña en concorrencia non competitiva

1. Na liña de subvención de natureza non competitiva, non se sinala un límite para o orzamento total das actuacións, pero a cantidade orzada para gastos de funcionamento, incluídos os custos de persoal, non poderá superar o 50 % do orzamento total.

2. A cantidade máxima da subvención a tanto global por concello segundo esta orde será a suma das cantidades establecidas no anexo V-A e no anexo V-B. En ningún caso o importe da subvención poderá superar o orzamento total das actuacións para as cales o concello solicita subvención.

3. O importe da subvención para gastos de funcionamento, incluídos os custos de persoal, non poderá ser superior ao 50 % da suma das cantidades consignadas para cada concello nos anexos V-A e V-B desta orde, incluído, de ser o caso, o importe destinado a xestión compartida nos termos do artigo 9.2.

4. Nas solicitudes conxuntas, o importe da subvención non superará a suma dos importes consignados nos anexos V-A e V-B para cada un dos concellos asociados ou agrupados nesa mesma solicitude.

5. Os concellos que presenten solicitude individual e solicitude conxunta cando consignen nas respectivas solicitudes os importes das subvencións solicitadas deberán ter en conta que a suma dos importes da subvencións concedidas a cada concello para unha solicitude individual e para unha solicitude conxunta en ningún caso superará a suma das cantidades consignadas para ese concello nos anexos V-A e V-B.

Artigo 15. Orzamento máximo, importes máximos subvencionables e límite da subvención para gastos de funcionamento na liña en concorrencia competitiva

1. Na liña en concorrencia competitiva os orzamentos máximos das actuacións para as cales se solicita subvención e os límites de gastos de funcionamento serán os seguintes:

a. Solicitude individual de concellos: o orzamento total das actuacións para as cales soliciten subvención non poderá ser superior a 40.000 €, sen que os gastos de funcionamento poidan representar máis do 50 % do orzamento total.

b. Solicitudes presentadas por mancomunidades, consorcios, agrupacións ou asociacións de concellos: o orzamento total das actuacións para as cales se solicita subvención conxunta non será superior a 100.000 euros, sen que os gastos de funcionamento poidan representar máis do 50 % do orzamento total.

2. En caso de presentar solicitude só para gastos de funcionamento, incluídos os custos de persoal, o orzamento total non poderá ser superior a:

a. 20.000 euros nas solicitudes individuais de concellos.

b. 50.000 euros nas solicitudes presentadas por mancomunidades, consorcios e agrupacións ou asociacións de concellos.

3. Para aqueles proxectos subvencionados consonte a liña de subvención de natureza competitiva, as porcentaxes e importes de subvención establécense segundo a modalidade de solicitude:

a. Solicitude individual dun concello: a porcentaxe máxima de subvención será do 80 % do orzamento presentado co límite de 32.000 € por solicitude. En caso de presentar solicitude só para gastos de funcionamento, incluídos os custos de persoal, o importe máximo da subvención será de 16.000 euros.

b. Solicitudes de mancomunidades, consorcios locais ou de concellos asociados ou agrupados: a porcentaxe máxima de subvención será do 80 % do orzamento presentado co límite de 80.000 euros. En caso de presentar solicitude só para gastos de funcionamento, incluídos os custos de persoal, o importe máximo da subvención será de 40.000 euros.

Artigo 16. Obriga de execución e xustificación da subvención de acordo co orzamento presentado

1. As entidades beneficiarias das subvencións están obrigadas a cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

2. Sen prexuízo do previsto nos artigos 17 e 18, as entidades beneficiarias das subvencións quedan vinculadas á execución e xustificación das actuacións subvencionadas de conformidade co especificado nas memorias e/ou proxectos presentados e nos orzamentos que os integran, que terán o nivel de detalle suficiente.

Artigo 17. Subvención a tanto global na liña en concorrencia non competitiva

1. De conformidade co previsto no artigo 21.2. do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a subvención de natureza non competitiva fíxase como un importe certo e sen referencia a unha porcentaxe ou fracción do custo total, polo que se entenderá que queda por conta do beneficiario a diferenza de financiamento necesario para a total execución da actividade subvencionada. En tal caso deberá ser reintegrado o o financiamento público unicamente polo importe que superase o custo total da actividade. Todo iso sempre que non supoña unha execución deficiente do proxecto e o beneficiario da subvención cumpra o resto das condicións da concesión e a finalidade ou obxectivos para os cales se concedeu a axuda.

2. Se o beneficiario xustifica conceptos e elementos que representen menos do 60 % do orzamento dalgunha das actuacións subvencionables, entenderase que non executou a totalidade do proxecto que fundamentou a resolución de concesión e, polo tanto, perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, segundo corresponda.

Para a determinación desta porcentaxe de execución consideraranse por separado aquelas actuacións que integran o proxecto subvencionado susceptibles de consideración individualizada e, en todo caso, a subvención para gastos de funcionamento e a subvención para investimentos.

3. Se a xustificación é igual ou superior ao 60 % fixado no punto anterior e non acada o 100 % do orzamento do proxecto subvencionado, o pagamento da subvención realizarase polo importe da subvención efectivamente xustificada, ata o límite do importe concedido. Todo isto sempre que non supoña unha execución deficiente do proxecto e o beneficiario da subvención cumpra o resto das condicións da concesión e a finalidade ou obxectivos para os cales se concedeu a axuda.

Artigo 18. Redución proporcional na liña en concorrencia competitiva

1. Se o beneficiario xustifica conceptos e elementos subvencionables, que representen menos do 60 % do orzamento dalgunha das actuacións subvencionables, entenderase que non executou a totalidade do proxecto que fundamentou a resolución de concesión e, polo tanto, perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, segundo corresponda.

Para a determinación desta porcentaxe de execución consideraranse por separado aquelas actuacións que integran o proxecto subvencionado susceptibles de consideración individualizada e, en todo caso, a subvención para gastos de funcionamento e a subvención para investimentos.

2. Se a xustificación é igual ou superior ao 60 % fixado no punto anterior e non acada o 100 % do orzamento do proxecto subvencionado, o pagamento da subvención realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada, calculado en función da porcentaxe subvenciónada do custo final da actividade. Todo isto sempre que non supoña unha execución deficiente do proxecto e que o beneficiario da subvención cumpra o resto das condicións da concesión e a finalidade ou obxectivos para os cales se concedeu a axuda.

Artigo 19. Iniciación e prazo de presentación de solicitudes

1. Os concellos de forma individual ou de forma conxunta, asociados ou agrupados, as mancomunidades e os consorcios locais, segundo proceda, que desexen acollerse aos beneficios desta orde, na modalidade en concorrencia non competitiva ou en concorrencia competitiva, presentarán solicitude dirixida á persoa titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo os modelos que figuran como anexo I, II, III ou IV desta orde xunto coa documentación que se relaciona nos artigos 20 ou 21, segundo o caso.

2. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es ou a través do portal Eidolocal, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

3. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 20. Solicitude individual de concellos, mancomunidades ou consorcios

1. Para solicitar as subvencións que se regulan mediante esta orde, a entidade local peticionaria presentará a documentación que se indica a continuación.

2. Documentación xeral:

a. Solicitude no modelo normalizado que se xunta:

a) Anexo I. Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva a concellos (PR483A).

b) Anexo III. Subvencións en réxime de concorrencia competitiva a entidades locais (concellos, mancomunidades ou consorcios) (PR483C).

b. Certificación do acordo da entidade local polo cal se solicita subvención para:

a) Os gastos de funcionamento de servizos, incluídos os custos de persoal, de ser o caso.

b) As obras ou equipamentos concretos, de ser o caso, que se pretende executar ao abeiro desta orde.

No referido acordo deberá constar expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde, e o acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.

c. Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para as actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos (anexo VII).

d. Certificado do/a secretario/a da entidade local da remisión das contas ao Consello de Contas de Galicia correspondentes ao exercicio orzamentario 2011, a que fai referencia o artigo 8.1, emitido segundo o modelo do anexo VIII desta orde.

Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo que se consignará a data de remisión ao Consello de Contas.

O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.

e. Anexo IX relativo á estimación directa e indirecta do número de empregos externos xerados coa actuación solicitada, especificando o número de contratos e a duración de cada un.

3. Memoria xustificativa da liña en concorrencia competitiva: nas solicitudes presentadas ao abeiro da liña en concorrencia competitiva, ademais da documentación indicada no número 2 deste artigo a entidade solicitante deberá achegar unha memoria xustificativa das actuacións para as cales solicitan subvención, asinada polo representante da entidade solicitante.

Esta memoria deberá redactarse co grao de concreción adecuado para facilitar a súa valoración segundo o criterio establecido no artigo 25.c), para o cal conterá as razóns que xustifican a necesidade das actuacións para as cales se solicita subvención, con base en criterios de necesidade, mellora, insuficiencia, ausencia ou deterioración das infraestruturas, equipamentos ou servizos existentes.

Incluirá a xustificación da adecuación das actuacións para as cales se solicita subvención aos criterios de subvencionabilidade establecidos no artigo 4 desta orde.

4. Memoria xustificativa da liña en concorrencia non competitiva: na liña en concorrencia non competitiva, ademais da documentación indicada no número 2 deste artigo a entidade local solicitante deberá achegar unha memoria xustificativa, asinada polo representante da entidade, da adecuación das actuacións para as cales se solicita subvención aos criterios de subvencionabilidade establecidos no artigo 4 desta orde.

5. Para os efectos do establecido no artigo 10, nas solicitudes presentadas por mancomunidades de concellos e consorcios locais deberá incorporarse un certificado da súa secretaría onde se fagan constar os concellos membros da mancomunidade ou consorcio que participan no proxecto para o cal se solicita subvención ao abeiro desta orde.

6. Documentación específica para gastos de funcionamento, incluídos os custos de persoal: nas solicitudes para gastos de funcionamento, ademais da documentación indicada no número 2 deste artigo deberá achegarse:

a. Certificación a que se refire o artigo 6, emitida polo/a secretario/a da entidade local, referida a vinculación do gasto co servizo ou servizos municipais que teñan asignadas as funcións da protección do ambiente e do espazo natural.

b. Memoria dos servizos para os cales se solicita subvención, asinada polo representante da entidade local, que conterá a descrición e o orzamento detallado dos gastos de funcionamento para os cales se solicita subvención.

7. Documentación específica das solicitudes para obras: nas solicitudes para obras, ademais da documentación indicada no número 2 deste artigo deberá achegarse a seguinte documentación:

a. Certificación expedida polo/a secretario/a da entidade local, segundo o modelo do anexo VI desta orde, referida á plena disposición da entidade local sobre os terreos e predios onde pretenden realizar as actuacións. Deberá quedar acreditado que a entidade local, antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, xa é titular dos terreos ou predios e ten a plena dispoñibilidade sobre eles. O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.

b. Proxecto/s ou anteproxecto/s da/s obra/s que se vaian realizar. O contido mínimo do proxecto será o seguinte:

– Memoria explicativa.

– Orzamento detallado.

– Planos a escala suficiente.

8. Documentación específica das solicitudes para equipamento: nas solicitudes para equipamento, ademais da documentación indicada no número 2 deste artigo deberá xuntarse unha memoria explicativa dos equipamentos para os cales se solicita subvención, asinada polo representante da entidade solicitante, que conterá a descrición e o orzamento detallado do equipamento solicitado.

Artigo 21. Solicitude conxunta de concellos asociados ou agrupados

1. Os concellos que presenten solicitude conxunta segundo o establecido no artigo 9.2 desta orde achegarán a documentación que se indica neste artigo, que irá subscrita polo/a alcalde/sa ou secretario/a do concello representante da agrupación ou asociación, segundo proceda. Este concello representante actuará como coordinador/a e interlocutor/a ante a Dirección Xeral de Administración Local e será a entidade que reciba e xustifique a subvención.

2. Documentación xeral:

a. Solicitude no modelo normalizado subscrita polo concello representante da agrupación ou asociación de concellos:

a) Anexo II. Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva a concellos agrupados ou asociados (PR483B).

b) Anexo IV. Subvencións en réxime de concorrencia competitiva a concellos asociados ou agrupados (PR483D).

b. Certificación emitida polo/a secretario/a do concello representante no modelo do anexo XIV, na cal se faga constar, con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos asociados ou agrupados:

a) Que acordan solicitar subvención para os gastos de funcionamento de servizos e/ou para as obras ou equipamentos concretos que se pretende executar ao abeiro desta orde mediante a fórmula de xestión compartida.

b) A aceptación expresa das condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde.

c) O nomeamento do/a alcalde/sa representante con poderes suficientes para cumprir con todas as obrigas que como entidade beneficiaria corresponden á agrupación ou asociación, e que actuará como coordinador, interlocutor, perceptor e xustificador da axuda.

d) O compromiso solidario de execución e de aplicación solidaria da subvención.

e) Que todos os concellos participantes na solicitude remitiron as contas do concello ao Consello de Contas de Galicia, correspondentes ao exercicio orzamentario 2011. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo que se consignará a data de remisión.

Os acordos deberán estar adoptados e as contas remitidas antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. O incumprimento destes requisitos ou a falta da referencia expresa ao contido determinado nas letras a), b), c), d) e e), aínda que afecte unha soa das entidades agrupadas ou asociadas, determinará a inadmisión da solicitude conxunta.

c. Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para as actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos (anexo VII). Cada unha das entidades integrantes da solicitude conxunta formulará a súa propia declaración de axudas.

d. Anexo IX relativo á estimación directa e indirecta do número de empregos externos xerados coa actuación solicitada, especificando o número de contratos e a duración de cada un, subscritos polo concello representante da agrupación ou asociación de concellos.

3. Memoria xustificativa da liña en concorrencia competitiva: nas solicitudes presentadas ao abeiro da liña en concorrencia competitiva, ademais da documentación indicada no número 2 deste artigo a entidade solicitante deberá achegar unha memoria xustificativa das actuacións para as cales solicitan subvención, asinada polo representante da entidade solicitante.

Esta memoria deberá redactarse co grao de concreción adecuado para facilitar a súa valoración segundo os criterios establecidos no artigo 25.a) e c), para o cal conterá:

– Memoria de aforro de custos, na cal se fará constar en cadro comparativo a diferenza dos custos da execución compartida respecto da execución individual por cada concello participante.

Neste cadro comparativo consignaranse o importe do orzamento da actuación conxunta e os importes en euros que representen o cálculo do custo que a execución individual da actuación produciría para cada un dos concellos.

– Razóns que xustifican a necesidade das actuacións para as cales se solicita subvención, con base en criterios de mellora, insuficiencia, ausencia ou deterioración das infraestruturas, equipamentos ou servizos existentes.

Incluirá a xustificación da adecuación das actuacións para as cales se solicita subvención aos criterios de subvencionabilidade establecidos no artigo 4 desta orde.

4. Memoria xustificativa da liña en concorrencia non competitiva: na liña en concorrencia non competitiva, á documentación indicada no número 2 deste artigo xuntarase unha memoria xustificativa das actuacións para as cales solicitan subvención, asinada polo representante da entidade solicitante, co seguinte contido:

a. Unha memoria xustificativa da adecuación das actuacións para as cales se solicita subvención aos criterios de subvencionabilidade establecidos no artigo 4 desta orde.

b. Unha memoria de aforro de custos, na cal se fará constar en cadro comparativo a diferenza dos custos da execución compartida respecto da execución individual por cada concello participante.

Neste cadro comparativo consignaranse o importe do orzamento da actuación conxunta e os importes en euros que representen o cálculo do custo que a execución individual da actuación produciría para cada un dos concellos.

5. Documentación específica para gastos de funcionamento, incluídos os custos de persoal: nas solicitudes para gastos de funcionamento, ademais da documentación indicada no número 2 deste artigo deberá achegarse:

a. Certificación á que se refire o artigo 6, emitida polo/a secretario/a do concello representante, referida á vinculación do gasto co servizo ou servizos municipais que teñan asignadas as funcións da protección do ambiente e do espazo natural.

b. Memoria dos servizos para os cales se solicita subvención, asinada polo/a alcalde/alcaldesa do concello representante, que conterá a descrición e o orzamento detallado dos gastos de funcionamento para os cales se solicita subvención.

6. Documentación específica das solicitudes para obras: nas solicitudes para obras, ademais da documentación indicada no número 2 deste artigo deberá achegarse a seguinte documentación:

a. Certificación expedida polo/a secretario/a do/s concello/s onde se van realizar as actuacións, segundo o modelo do anexo VI desta orde, referida á plena disposición dos terreos e predios onde a agrupación ou asociación pretende realizar as actuacións. Deberá quedar acreditado que todos os concellos en que se vaian realizar as actuacións, antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, teñen a plena dispoñibilidade sobre eles. O incumprimento destes requisitos, aínda que afecte unha soa das entidades participantes, constituirá causa de inadmisión da solicitude da agrupación ou asociación de concellos.

b. Proxecto/s ou anteproxecto/s da/s obra/s que se vaian realizar. O contido mínimo dos proxectos será o seguinte:

– Memoria explicativa.

– Orzamento detallado.

– Planos a escala suficiente.

7. Documentación específica das solicitudes para equipamento: nas solicitudes para equipamento, ademais da documentación indicada no número 2 deste artigo deberá achegarse unha memoria explicativa dos equipamentos para os cales se solicita subvención, asinada polo representante da agrupación ou asociación solicitante, que conterá a descrición e o orzamento detallado do equipamento solicitado.

8. Xunto coa solicitude de subvención poderá presentarse o convenio de colaboración subscrito entre as partes, cos requisitos e o contido obrigatorio establecidos no artigo 12. De optar por presentalo xunto coa solicitude, xa non será preceptivo achegalo no prazo determinado no artigo 12.4.

Exceptúase do anterior o suposto regulado no artigo 11.2, en que será obrigatorio achegar coa solicitude o convenio de colaboración entre os concellos que integran a agrupación ou asociación.

Artigo 22. Defectos na solicitude e outra documentación

1. A Dirección Xeral de Administración Local, que será o órgano competente para a instrución do procedemento, poderá solicitar calquera documentación que considere necesaria para a correcta verificación da solicitude.

2. Se algunha documentación da solicitada neste artigo xa constase en poder da Dirección Xeral de Administración Local desta consellería, e non se tivese producido desde o momento en que foi presentada variación que afectase o contido ou a vixencia desta, non será necesario achegala novamente. Neste caso, a entidade solicitante indicará a data e o procedemento para os cales foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan, sen prexuízo do previsto con carácter xeral no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. O defecto nas solicitudes seralles notificado aos interesados pola Dirección Xeral de Administración Local e daráselles un prazo de dez días para emendaren os erros ou omisións, con indicación de que, de non o faceren así, se terán por desistidos da súa petición, logo da resolución que deberá ditarse nos termos do artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 23. Instrución e resolución

1. Cada liña de subvención das establecidas nesta orde poderá ser instruída, tramitada e resolta en pezas separadas.

2. Recibidas e tramitadas as solicitudes de subvención e a súa documentación, presentadas ao abeiro da liña en concorrencia competitiva, serán analizadas por unha comisión de valoración presidida pola persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local e da cal formarán parte as persoas titulares das delegacións territoriais da Xunta de Galicia. Actuará como secretario/a a persoa titular da Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais ou un/unha funcionario/a da dita dirección xeral con nivel mínimo de xefatura de servizo.

3. Unha vez realizada a valoración das solicitudes presentadas na liña en concorrencia competitiva de conformidade cos criterios de avaliación e repartición establecidos no artigo 25, a persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local elevará proposta á persoa titular da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, quen resolverá.

Artigo 24. Axilización na resolución de subvencións na liña en concorrencia non competitiva

1. En aplicación dos principios de eficacia e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia, e toda vez que para a liña de subvención non competitiva non se lle aplica valoración ningunha ao ter asignada unha cantidade económica segundo a relación dos anexos V-A e V-B, conforme os solicitantes presenten a documentación de forma completa e correcta e se verifique esta, a persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local poderá elevar sucesivas propostas parciais de concesión para un determinado número de solicitantes que cumpran os requisitos de concesión de subvención.

2. Segundo o previsto no número anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local elevará as correspondentes propostas á persoa titular da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, quen resolverá.

Artigo 25. Criterios de avaliación e repartición

Na valoración das solicitudes presentadas polas entidades ao abeiro da liña de subvencións competitiva ponderaranse os seguintes aspectos ata un máximo de 100 puntos, de acordo coas puntuacións parciais que para cada un se indica:

a. Co fin de fomentar a realización de proxectos conxuntos, incentivaranse as solicitudes presentadas por mancomunidades, consorcios, agrupacións ou asociacións de concellos para a realización dun proxecto común, reservándose ata 30 puntos da puntuación total. Para a valoración deste criterio teranse en conta:

1. Pola presentación dunha solicitude conxunta asígnanse 10 puntos.

2. O número de concellos participantes no proxecto para o cal se solicita subvención, ata 3 puntos.

3. O número de servizos que se van prestar de forma compartida, ata 3 puntos.

4. A repercusión do proxecto medida a través da cifra de poboación total dos concellos participantes, ata 4 puntos.

5. Valoración dunha memoria de aforro de custos respecto da execución das actuacións subvencionadas de xeito individual, ata 10 puntos.

b. En caso de presentar solicitude unha entidade en proceso de fusión municipal, outorgaránselle os 30 puntos previstos na letra a) pola simple presentación da solicitude.

c. Valoraranse as necesidades das actuacións solicitadas, con base no exposto na memoria xustificativa indicada nos artigos 20.3 e 21.3, ata 25 puntos. Teranse en conta aspectos como a necesidade, mellora, carencia, insuficiencia ou deterioración das infraestruturas, equipamentos ou servizos para os cales se solicita subvención.

d. Por outra banda, co obxecto de potenciar un reequilibrio territorial e para primar os concellos máis pequenos, consideraranse as circunstancias de menor poboación e envellecemento poboacional, que se puntuarán ata 15 puntos do seguinte xeito:

Menor poboación de cada concello ou concellos solicitantes/poboación de 65 ou máis anos en relación co total de poboación do/s concello/s.

e. Maior ratio de investimento por habitante realizada en materia ambiental pola/s entidade/s durante os últimos cinco anos e certificado polo interventor de cada entidade participante na solicitude: ata 5 puntos. Para estes efectos, deberá achegarse certificado do interventor do investimento medio por habitante en materia ambiental nos últimos cinco anos mediante a fórmula:

investimento total en ambiente últimos 5 anos / poboación da entidade

f. Afección territorial do proxecto solicitado que contribúe á conservación e ao coñecemento dos recursos naturais e ambientais para o benestar dos cidadáns, ata 10 puntos. Neste criterio valorarase a existencia de espazos da Rede Natura que afecten o 50 % ou máis do territorio do concello ou concellos integrados no proxecto para o cal se solicita subvención.

g. Por acreditar unha boa xestión, ata 5 puntos. A valoración deste criterio realizarase con base na certificación emitida pola Intervención da entidade solicitante (concello, mancomunidade ou consorcio, segundo proceda) na cal se fagan constar os seguintes datos:

1. Que a entidade local rendeu as contas do exercicio 2011 dentro do prazo legalmente establecido: 1 punto.

2. Que a entidade local cumpriu coa estabilidade orzamentaria no exercicio 2011: 2 puntos.

3. Que a entidade local aprobou, no prazo legalmente establecido, o seu orzamento vixente e non o prorrogou: 2 puntos.

No caso das asociacións ou agrupacións de concellos, as puntuacións asignaranse con base nos certificados emitidos polas respectivas intervencións municipais e só se puntuarán aqueles aspectos acreditados por todos os concellos que integran a solicitude.

h. De conformidade co establecido no artigo 20.2.l) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, por utilización da lingua galega na realización das actividades para as cales se solicita axuda, acreditada mediante compromiso expreso do concello achegado xunto coa solicitude: 10 puntos.

Para a asignación de puntuacións naqueles criterios que incorporan referencias a datos de poboación utilizaranse as cifras oficiais en 1 de xaneiro de 2012, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.

Artigo 26. Notificación e modificación

1. A resolución notificaráselles a todas as entidades beneficiarias da subvención na forma prevista nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións e do procedemento administrativo común. Conforme o disposto no artigo 44.1 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de non notificarse resolución no prazo de catro meses contados desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, sen prexuízo do establecido nos artigos 42 e 43 da dita lei.

2. Contra esta resolución as entidades interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo.

3. Así mesmo, o órgano competente para a concesión destas axudas poderá acordar a modificación da resolución por instancia da entidade beneficiaria, sempre e cando non se cause prexuízo a terceiro.

A modificación rexerase polo establecido no artigo 7 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, e demais normativa de aplicación.

Estas bases habilitan para aprobar as modificacións atendendo aos obxectivos e requisitos da orde e ao cumprimento dos requisitos do referido artigo 7 e demais normativa.

4. Sen prexuízo do anterior, e sen necesidade de instar procedemento de modificación de subvención, poderanse aceptar variacións nas partidas de gasto do proxecto subvencionado sempre que as variacións non superen en conxunto o 20 % do orzamento total, que non aumente o importe total do gasto aprobado e que non desvirtúen as características do proxecto e as condicións que foron tidas en conta para a resolución de concesión.

Artigo 27. Aceptación da subvención e remisión do convenio de colaboración

1. A entidade beneficiaria disporá dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, para comunicar a aceptación das condicións contidas nela.

2. Transcorrido o prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

3. As agrupacións ou asociacións de concellos deberán remitir, no prazo dun mes contado desde a notificación de concesión, o convenio de colaboración subscrito entre as partes, cos requisitos e o contido obrigatorio establecidos no artigo 12.

4. As entidades beneficiarias das subvencións, unha vez aceptadas estas, quedarán obrigadas a destinar os fondos percibidos co obxecto concreto para o cal foron concedidas.

5. A Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución dos proxectos subvencionados.

Artigo 28. Obrigas dos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigados a:

1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

2. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Proceder ao reintegro, total ou parcial, das cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora correspondentes, segundo o procedemento establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia, nos seguintes supostos:

a. Incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención. Sen prexuízo doutros supostos, considerarase incumprimento das condicións establecidas para a concesión a xustificación de conceptos e elementos que representen menos do 60 % do orzamento dalgunha das actuacións subvencionables, nos termos dos artigos 17 e 18 desta orde.

b. Será reintegrado o financiamento público polo importe pagado que supere o custo final xustificado do proxecto subvencionado.

c. Incumprimento da obriga de xustificar o pagamento nos termos establecidos no artigo 35 desta orde.

d. Incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e. Nos supostos establecidos no artigo 33 da devandita lei.

f. Nos demais supostos de aplicación.

Nas solicitudes agrupadas ou asociadas, responderán todos os concellos de forma solidaria.

4. Realizar o proceso de tramitación e adxudicación da contratación conforme as prescricións contidas na lexislación sobre contratación administrativa do sector público e, especificamente, a que rexe as contratacións das administracións públicas, sen prexuízo do establecido no artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia; no artigo 31.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 9.c) e 10.e) do Decreto 193/2011, do 6 de outubro. Serán os concellos contratantes os responsables directos das consecuencias que dos incumprimentos poidan derivar.

5. Destinar os bens ao fin concreto para o cal se concede esta subvención durante un período mínimo de cinco anos e proceder ao reintegro das cantidades percibidas no caso de incumprimento desta obriga. A axuda só será definitiva se non sofre antes de transcorridos cinco anos do seu remate unha modificación que afecte a natureza do investimento.

6. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

7. Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e o artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. As entidades beneficiarias estarán obrigadas a cumprir as obrigas de publicidade establecidas e, en especial, as fixadas no artigo 30 desta orde.

9. Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

10. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real.

Artigo 29. Contratación

1. As entidades locais beneficiarias poderán concertar con terceiros a execución parcial ou total da actuación que constitúa o obxecto da subvención, salvo que o impida a súa natureza. En ningún caso poderán subcontratarse actuacións que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.

Os contratistas quedarán obrigados soamente ante o beneficiario, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade subvencionada fronte á Administración.

2. A contratación das obras ou equipamentos será realizada polas entidades locais beneficiarias conforme a normativa vixente en materia de contratación do sector público, e serán as entidades locais contratantes as responsables directas das consecuencias que dos incumprimentos poidan derivar.

3. En todo caso, deberá observarse o establecido nos artigos 27 e 29.3º da Lei de subvencións de Galicia; no artigo 31.3º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e nos artigos 9.c) e 10.e) do Decreto 193/2011, do 6 de outubro.

4. Segundo o artigo 29.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.

Por outra banda, segundo o artigo 31.3º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación ou, de ser o caso, na solicitude de subvención, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 30. Publicidade das obras

1. No caso de obras por importe superior a 20.000 €, a entidade beneficiaria deberá dar publicidade da obra mediante a colocación dun cartel anunciador en que conste expresamente o financiamento da Xunta de Galicia, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, segundo o modelo do anexo X e de acordo coa imaxe corporativa oficial da Xunta de Galicia.

2. Se a subvención comprende varios proxectos de obra, a obriga de publicidade entenderase referida a cada un dos proxectos que superen o importe indicado no número anterior.

3. No suposto da adquisición de vehículos, a entidade beneficiaria deberá incluír na rotulación daqueles o logotipo da Xunta de Galicia, de acordo coa imaxe corporativa oficial, e o lema «Fondo de Compensación Ambiental», facendo constar expresamente o financiamento da Xunta de Galicia, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, sen prexuízo de que o beneficiario incorpore o seu propio escudo e a indicación do servizo ao cal estará afectado o dito vehículo. A Dirección Xeral de Administración Local establecerá no portal dos concellos Eidolocal un modelo para o efecto.

4. Sen prexuízo do previsto no artigo 20 do Decreto 11/2009, do 8 de febreiro, o incumprimento da obriga da entidade beneficiaria da subvención de dar a adecuada publicidade do financiamento con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental das actuacións naqueles supostos en que sexa exixible será causa de reintegro das cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora que correspondan, de acordo co establecido no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación co artigo 33.d) da citada norma, e seguirase o procedemento establecido no artigo 38 da mesma norma legal.

Artigo 31. Xustificación das subvencións

1. O prazo para a realización e xustificación da actuación subvencionada remata o 30 de setembro de 2013 (inclusive).

2. No suposto de solicitudes conxuntas de concellos agrupados ou asociados, será o concello representante solicitante perceptor da subvención quen deba presentar a xustificación.

3. Cando deban xustificarse gastos de investimento e de custos de funcionamento dos servizos dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, a conta xustificativa realizarase de forma separada, e deberase presentar unha conta para os gastos de investimento e outra para xustificar os gastos de funcionamento.

4. En caso de solicitudes conxuntas, deberá achegarse xunto coa documentación xustificativa da subvención o convenio de colaboración asinado por todos os concellos que subscriben unha mesma solicitude, segundo o previsto no artigo 5. Este convenio non será exixible de telo achegado xunto coa solicitude inicial.

5. Para a xustificación da subvención, as entidades beneficiarias deberán presentar no prazo establecido no número 1 deste artigo a documentación que se establece nos artigos seguintes.

Artigo 32. Conta xustificativa das subvencións destinadas a financiar investimentos

A conta xustificativa das subvencións destinadas a financiar investimentos (obras e equipamentos) estará integrada polos seguintes documentos:

1. Certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida (anexo XII).

2. Certificación expedida polo/a secretario/a da entidade local (anexo XIII) co visto e prace do alcalde, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención, en que se faga constar, como mínimo, de forma detallada:

a. O cumprimento da finalidade da subvención.

b. Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada, coa seguinte relación: identificación do/a acredor/a, número de factura ou documento equivalente, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga polo órgano competente.

3. Declaración complementaria referida á obtención doutras subvencións, axudas ou recursos que financien as actividades obxecto de subvención, no modelo do anexo VII.

4. De haber outros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, deberá incluírse unha relación detallada de tales ingresos ou subvencións con indicación do importe e da súa procedencia.

5. Documentos acreditativos dos gastos realizados con medios ou recursos propios e a indicación, de ser o caso, dos criterios de repartición dos custos xerais e/ou indirectos incorporados na relación a que se fai referencia no número 2 anterior.

6. Nos supostos previstos no artigo 29.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, achegarase certificación emitida polo/a secretario/a da entidade beneficiaria na cal conste que solicitaron como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con indicación expresa do importe do orzamento consignado en cada unha das ofertas presentadas, que a elección se realizou de conformidade con criterios de eficiencia e economía e que recaeu na proposta económica máis vantaxosa.

Deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

7. Fotografías, en soporte dixital ou papel, do lugar ou lugares onde se efectuasen as obras, tomadas antes, durante e con posterioridade á súa realización. A presentación das fotografías farase de xeito que permita identificar os lugares e o momento da execución a que correspondan, polo que incluirán unha lenda para o efecto e, nas obras por importe superior a 20.000 euros, deberase incluír o cartel das obras no lugar destas, no cal se aprecie a publicidade do financiamento das actuacións con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.

8. De tratarse de vehículos, achegaranse fotografías destes onde se aprecie o cumprimento das obrigas de publicidade establecidas no artigo 30.3 desta orde.

9. No suposto de obras por administración, a entidade local beneficiaria engadirá a seguinte documentación adicional:

– A certificación relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa recollida no número 2 deste mesmo artigo conterá, ademais, unha relación dos gastos efectuados con medios ou recursos propios, ordenada segundo o concepto a que se atribúe.

– Unha certificación emitida polo/a secretario/a-interventor/a ou polo/a interventor/a de que os gastos relacionados foron aplicados ao cumprimento do proxecto subvencionado.

– Os gastos de persoal acreditaranse mediante certificación emitida no modelo do anexo XI polo/a secretario/a da entidade local, na cal constarán os gastos do persoal imputables á actuación subvencionada, tanto do persoal contratado especificamente como do persoal propio da entidade local.

Artigo 33. Conta xustificativa das subvencións destinadas a financiar os custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural

A conta xustificativa das subvencións destinadas a financiar os custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural estará integrada polos seguintes documentos:

1. Certificación da Intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida (anexo XII).

2. Certificación expedida polo secretario/a da entidade local (anexo XIII) co visto e prace do alcalde, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención, en que se faga constar, como mínimo, de forma detallada:

a. O cumprimento da finalidade da subvención.

b. Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada, coa seguinte relación: identificación do/a acredor/a, número de factura ou documento equivalente, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga polo órgano competente.

3. Os gastos de persoal acreditaranse mediante certificación emitida no modelo do anexo XI polo/a secretario/a da entidade local, na cal constarán os gastos do persoal imputables á actuación subvencionada, tanto do persoal contratado especificamente como do persoal propio da entidade local.

4. Declaración complementaria referida á obtención doutras subvencións, axudas ou recursos que financien as actividades obxecto de subvención, no modelo do anexo VII.

5. De haber outros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, deberá incluírse unha relación detallada de tales ingresos ou subvencións con indicación do importe e da súa procedencia.

6. Documentos acreditativos dos gastos realizados con medios ou recursos propios e a indicación, de ser o caso, dos criterios de repartición dos custos xerais e/ou indirectos incorporados na relación á que se fai referencia no número 2 anterior.

Artigo 34. Libramento das subvencións

1. A Dirección Xeral de Administración Local, de atopar conformes os xustificantes, proporá o libramento dos fondos sempre que a entidade beneficiaria cumpra a obriga de realizar as actuacións subvencionadas e de xustificar a súa execución nos prazos e na forma establecidos nesta orde, de conformidade co estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A Dirección Xeral de Administración Local poderá solicitar calquera outra documentación necesaria para a correcta verificación da xustificación.

3. No caso de subvencións superiores a 60.000 €, con carácter previo á proposta de pagamento, realizarase a comprobación material do investimento e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada por un representante da Administración e polo representante da entidade beneficiaria. A comprobación pode efectuala un representante distinto do concedente da subvención. Excepcionalmente, poderase substituír esta comprobación por unha xustificación documental que constate de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada.

Artigo 35. Efectividade dos pagamentos

1. As entidades beneficiarias estarán obrigadas a acreditar documentalmente a efectividade dos pagamentos dos gastos correspondentes á execución das actuacións subvencionadas e relacionados na certificación de gastos presentada. Estes pagamentos deberán estar realizados no prazo máximo de sesenta días naturais contados a partir da data do ingreso na conta bancaria das beneficiarias de cada un dos aboamentos das subvencións concedidas.

A acreditación realizarase mediante copia de transferencia bancaria que estará debidamente identificada, selada pola entidade bancaria e asinada pola entidade beneficiaria da subvención.

Naqueles casos en que o pagamento se realice mediante banca electrónica, o xustificante da transferencia bancaria deberá presentarse asinado e selado pola entidade beneficiaria das subvencións.

2. A Dirección Xeral de Administración Local poderá solicitar calquera outra documentación necesaria para a correcta verificación da efectividade dos pagamentos realizados.

Artigo 36. Cantidades dispoñibles

As cantidades que resulten sobrantes por causa de renuncia expresa, non presentación das xustificacións correspondentes por parte das entidades beneficiarias, minoración por menor xustificación das cantidades inicialmente aprobadas ou calquera outra causa aplicable poderán dedicarse a subvencionar aquelas entidades que presentaron, en prazo, solicitude de subvención ao abeiro da liña competitiva.

Artigo 37. Incumprimento das condicións impostas

1. Transcorrido o prazo establecido no artigo 31.1 sen ter presentado as correspondentes xustificacións, producirase a perda do dereito da entidade beneficiaria ao cobramento da subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, e poderá esta consellería utilizar este crédito en beneficio doutros posibles beneficiarios, sen prexuízo do previsto nos artigos 45 e 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

2. O incumprimento da obriga de xustificación, nomeadamente da obriga de acreditar documentalmente a efectividade dos pagamentos recollida no artigo 35 desta orde, dará lugar ao inicio do procedemento de reintegro da subvención previsto no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia.

3. No caso de incumprimento das obrigas establecidas no artigo 28 desta orde, así como as establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en todo caso, nos supostos establecidos no artigo 33 da dita lei, a entidade comprométese a reintegrar as cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora que deba aquel, segundo o procedemento establecido no artigo 38 da mesma norma legal.

Artigo 38. Modificación

Toda alteración non autorizada das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O incumprimento da obriga de destino referida, que se producirá, en todo caso, co alleamento ou gravame dos bens, será causa de reintegro, nos termos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Os bens quedarán afectos ao pagamento do reintegro calquera que sexa o seu posuidor.

Artigo 39. Concorrencia de axudas e subvencións públicas

Estas subvencións son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Porén, o importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

Artigo 40. Publicidade das subvencións concedidas

As entidades beneficiarias e os importes das axudas concedidas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web oficial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nos termos previstos no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega; do mesmo xeito integraranse, na forma que se estableza regulamentariamente, no Rexistro Público de Subvencións, que será de acceso público.

Artigo 41. Información relativa á orde de convocatoria

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Administración Local, a través dos seguintes medios:

a. Páxina web oficial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (http://cpapx.xunta.es) ou na web www.eidolocal.es

b. Nos teléfonos 881 99 72 58 e 981 54 62 12.

c. No enderezo electrónico administracionlocal@xunta.es

Disposición derradeira primeira

De conformidade co previsto no artigo 3.4 da Orde do 22 de setembro de 2011 (DOG nº 194, do 10 de outubro), delégase na persoa titular da Secretaría Xeral Técnica a competencia para resolver os procedementos de subvención que se inicien en virtude desta orde.

Disposición derradeira segunda

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira terceira

En todo o non previsto nesta orde rexerá a normativa xeral en materia de subvencións contida na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ademais do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Disposición derradeira cuarta

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2013

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO V-A

Aplicacións orzamentarias: 05.23.141A.461.0 e 05.23.141A.761.0

Crédito orzamentario: 5.824.908,00 €

Concellos

Provincia

Nº aeroxeradores

Importe

Abadín

Lugo

232,00

332.688,00

Agolada

Pontevedra

11,00

15.774,00

Alfoz

Lugo

35,00

50.190,00

Antas de Ulla

Lugo

2,00

2.868,00

Aranga

A Coruña

9,00

12.906,00

Arbo

Pontevedra

23,00

32.982,00

Arteixo

A Coruña

2,00

2.868,00

Avión

Ourense

40,50

58.077,00

Baleira

Lugo

17,00

24.378,00

Baltar

Ourense

4,00

5.736,00

Bande

Ourense

4,00

5.736,00

Boimorto

A Coruña

5,50

7.887,00

Boiro

A Coruña

1,00

1.434,00

Cabana de Bergantiños

A Coruña

13,00

18.642,00

Caldas de Reis

Pontevedra

4,00

5.736,00

Camariñas

A Coruña

62,00

88.908,00

Cañiza (A)

Pontevedra

62,00

88.908,00

Capela (A)

A Coruña

11,00

15.774,00

Carballedo

Lugo

10,00

14.340,00

Cariño

A Coruña

44,00

63.096,00

Carnota

A Coruña

49,50

70.983,00

Castro Caldelas

Ourense

4,00

5.736,00

Castroverde

Lugo

24,50

35.133,00

Catoira

Pontevedra

10,00

14.340,00

Cedeira

A Coruña

70,00

100.380,00

Cerdedo

Pontevedra

18,00

25.812,00

Cervo

Lugo

16,50

23.661,00

Chandrexa de Queixa

Ourense

35,00

50.190,00

Chantada

Lugo

21,00

30.114,00

Coristanco

A Coruña

27,00

38.718,00

Cotobade

Pontevedra

13,00

18.642,00

Covelo

Pontevedra

49,00

70.266,00

Cualedro

Ourense

44,50

63.813,00

Cuntis

A Coruña

3,00

4.302,00

Dodro

A Coruña

5,00

7.170,00

Dumbría

A Coruña

114,00

163.476,00

Estrada (A)

Pontevedra

2,00

2.868,00

Fonsagrada (A)

Lugo

64,00

91.776,00

Forcarei

Pontevedra

95,50

136.947,00

Fornelos de Montes

Pontevedra

5,00

7.170,00

Foz

Lugo

9,00

12.906,00

Friol

Lugo

33,00

47.322,00

Guitiriz

Lugo

39,00

55.926,00

Irixo (O)

Ourense

37,00

53.058,00

Irixoa

A Coruña

15,50

22.227,00

Lalín

Pontevedra

80,00

114.720,00

Lama (A)

Pontevedra

51,50

73.851,00

Laracha (A)

A Coruña

1,00

1.434,00

Lousame

A Coruña

15,00

21.510,00

Malpica de Bergantiños

A Coruña

69,00

98.946,00

Mañón

A Coruña

73,00

104.682,00

Mazaricos

A Coruña

123,50

177.099,00

Meira

Lugo

30,00

43.020,00

Melide

A Coruña

19,00

27.246,00

Melón

Ourense

18,00

25.812,00

Mondoñedo

Lugo

39,00

55.926,00

Monfero

A Coruña

25,00

35.850,00

Montederramo

Ourense

36,00

51.624,00

Muras

Lugo

381,00

546.354,00

Muros

A Coruña

41,00

58.794,00

Narón

A Coruña

6,00

8.604,00

Negreira

A Coruña

49,00

70.266,00

Neves (As)

Pontevedra

23,00

32.982,00

Nogueira de Ramuín

Ourense

53,00

76.002,00

Ortigueira

A Coruña

116,00

166.344,00

Ourol

Lugo

156,50

224.421,00

Outes

A Coruña

30,00

43.020,00

Padrón

A Coruña

2,00

2.868,00

Palas de Rei

Lugo

25,00

35.850,00

Parada de Sil

Ourense

17,00

24.378,00

Páramo (O)

Lugo

4,00

5.736,00

Pastoriza (A)

Lugo

5,00

7.170,00

Piñor

Ourense

2,00

2.868,00

Pobra do Caramiñal (A)

A Coruña

48,00

68.832,00

Pol

Lugo

4,50

6.453,00

Ponteceso

A Coruña

63,00

90.342,00

Pontenova (A)

Lugo

9,50

13.623,00

Pontes de García Rodríguez (As)

A Coruña

139,00

199.326,00

Porto do Son

A Coruña

51,00

73.134,00

Rianxo

A Coruña

6,00

8.604,00

Ribeira de Piquín

Lugo

33,00

47.322,00

Riotorto

Lugo

2,50

3.585,00

Rodeiro

Pontevedra

36,00

51.624,00

Rois

A Coruña

14,00

20.076,00

San Sadurniño

A Coruña

26,00

37.284,00

Santa Comba

A Coruña

54,50

78.153,00

Sarria

Lugo

6,00

8.604,00

Silleda

Pontevedra

12,50

17.925,00

Sobrado

A Coruña

13,50

19.359,00

Somozas (As)

A Coruña

87,00

124.758,00

Toques

A Coruña

12,00

17.208,00

Tordoia

A Coruña

7,00

10.038,00

Valadouro (O)

Lugo

120,00

172.080,00

Valdoviño

A Coruña

19,00

27.246,00

Verea

Ourense

15,00

21.510,00

Vicedo (O)

Lugo

84,00

120.456,00

Vila de Cruces

Pontevedra

8,00

11.472,00

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

2,00

2.868,00

Vilalba

Lugo

95,00

136.230,00

Vimianzo

A Coruña

68,00

97.512,00

Viveiro

Lugo

50,00

71.700,00

Xermade

Lugo

43,50

62.379,00

Xinzo de Limia

Ourense

0,50

717,00

Xove

Lugo

11,00

15.774,00

Xunqueira de Espadanedo

Ourense

6,00

8.604,00

Zas

A Coruña

28,50

40.869,00

Total

4.062,00

5.824.908,00

ANEXO V-B

Aplicacións orzamentarias: 05.23.141A.461.0 e 05.23.141A.761.0

Crédito orzamentario: 1.231.341,66 €

Concello

Provincia

Lonxitude liñas (en metros)

Importe

Abadín

Lugo

18.524,00

31.640,58

Agolada

Pontevedra

100,00

2.000,00

Alfoz

Lugo

892,00

2.000,00

Antas de Ulla

Lugo

5.500,00

9.394,48

Aranga

A Coruña

14.442,00

24.668,18

Arbo

Pontevedra

2.736,00

4.673,33

Arteixo

A Coruña

1.711,00

2.922,54

Arzúa

A Coruña

1.568,00

2.678,28

Baleira

Lugo

8.043,00

13.738,13

Beariz

Ourense

10.903,00

18.623,25

Boborás

Ourense

7.183,00

12.269,18

Boiro

A Coruña

453,00

2.000,00

Cabana de Bergantiños

A Coruña

8.497,00

14.513,61

Caldas de Reis

Pontevedra

73,00

2.000,00

Camariñas

A Coruña

6.346,00

10.839,51

Cañiza (A)

Pontevedra

2.534,00

4.328,29

Carballiño (O)

Ourense

4.968,00

8.485,77

Cedeira

A Coruña

309,00

2.000,00

Celanova

Ourense

4.000,00

6.832,34

Cervo

Lugo

2.009,00

3.431,54

Chandrexa de Queixa

Ourense

4.769,00

8.145,86

Chantada

Lugo

14.100,00

24.084,01

Coristanco

A Coruña

13.650,00

23.315,37

Covelo

Pontevedra

7.566,00

12.923,38

Cualedro

Ourense

6.162,00

10.525,22

Curtis

A Coruña

27.716,00

47.341,30

Dumbría

A Coruña

5.737,00

9.799,29

Estrada (A)

Pontevedra

5.104,00

8.718,07

Fonsagrada (A)

Lugo

6.229,00

10.639,66

Forcarei

Pontevedra

16.676,00

28.484,04

Friol

Lugo

7.926,00

13.538,29

Guitiriz

Lugo

18.317,00

31.287,01

Irixo (O)

Ourense

1.963,00

3.352,97

Irixoa

A Coruña

99,00

2.000,00

Lalín

Pontevedra

6.217,00

10.619,17

Lama (A)

Pontevedra

48,00

2.000,00

Laracha (A)

A Coruña

1.126,00

2.000,00

Leiro

Ourense

1.355,00

2.314,46

Malpica de Bergantiños

A Coruña

1.208,00

2.063,37

Mañón

A Coruña

2.548,00

4.352,20

Mazaricos

A Coruña

34.118,00

58.276,47

Meira

Lugo

7.807,00

13.335,02

Mondoñedo

Lugo

16.551,00

28.270,53

Monfero

A Coruña

261,00

2.000,00

Muras

Lugo

30.349,00

51.838,69

Muros

A Coruña

3.940,00

6.729,86

Negreira

A Coruña

7.701,00

13.153,97

Neves (As)

Pontevedra

3.375,00

5.764,79

Nogueira de Ramuín

Ourense

6.821,00

11.650,85

Ortigueira

A Coruña

17.977,00

30.706,26

Ourol

Lugo

24.137,00

41.228,07

Padrón

A Coruña

362,00

2.000,00

Palas de Rei

Lugo

2.280,00

3.894,44

Pastoriza (A)

Lugo

4.989,00

8.521,64

Pobra do Caramiñal (A)

A Coruña

3.548,00

6.060,29

Ponteceso

A Coruña

18.713,00

31.963,41

Pontenova (A)

Lugo

2.143,00

3.660,43

Pontes de García Rodríguez (As)

A Coruña

56.039,00

95.719,42

Porto do Son

A Coruña

12.510,00

21.368,15

Ribeira

A Coruña

5.357,00

9.150,22

Riotorto

Lugo

4.428,00

7.563,40

Rodeiro

Pontevedra

4.800,00

8.198,81

Rois

A Coruña

5.236,00

8.943,53

San Sadurniño

A Coruña

139,00

2.000,00

Santa Comba

A Coruña

7.047,00

12.036,89

Sarria

Lugo

7.760,00

13.254,75

Silleda

Pontevedra

10.802,00

18.450,74

Sobrado

A Coruña

12.377,00

21.140,98

Somozas (As)

A Coruña

2.851,00

4.869,76

Touro

A Coruña

1.749,00

2.987,44

Valadouro (O)

Lugo

11.511,00

19.661,77

Verea

Ourense

3.744,00

6.395,07

Vicedo (O)

Lugo

8.120,00

13.869,66

Vila de Cruces

Pontevedra

26.363,00

45.030,27

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

6.875,00

11.743,09

Vilalba

Lugo

27.808,00

47.498,45

Vilasantar

A Coruña

1.902,00

3.248,78

Vimianzo

A Coruña

21.859,00

37.337,05

Viveiro

Lugo

23.450,00

40.054,62

Xermade

Lugo

5.261,00

8.986,24

Xinzo de Limia

Ourense

308,00

2.000,00

Xove

Lugo

1.247,00

2.129,98

Zas

A Coruña

7.087,00

12.105,21

Total 

711.009,00

1.231.341,66

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file