Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 16959

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (754/2011).

María Dolores Prieto Rascado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente,

Anuncio:

Neste procedemento de xuízo verbal seguido por instancia de Bernardo Rois Pérez fronte a Vicente González Espiñeira, Alex Ramiel Pichado Francisco, Ana Yiskeila Polanco Dotel, ditouse sentenza de data 12.3.2012, cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

Sentenza:

Ourense, doce de marzo de dous mil doce.

Vistos por María José González Movilla, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 dos de Ourense e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal, número 754/2011, sobre reclamación de cantidade, promovidos por instancia de Bernardo Rois Pérez, representado pola procuradora Sra. Ogando Vázquez, asistidos polo letrado Sr. Rodríguez Bande, contra Vicente González Espiñeiro, Alex Ramiel Pichardo Francisco e Ana Yiskeila Polanco Dotel, todos eles en situación de rebeldía neste procedemento.

Seguen antecedentes de feito...

Seguen fundamentos xurídicos...

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Ditame: que estimando a demanda formulada por Bernardo Rois Pérez contra Vicente González Espiñeiro, Alex Ramiel Pichardo Francisco e Ana Yiskeila Polanco Dotel, debo condenar e condeno os demandados a aboarlle ao demandante a cantidade de cinco mil oitocentos cincuenta euros polos danos causados á vivenda arrendada, impoñéndolles expresamente as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación na forma prevista nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

E encontrándose os ditos demandados, Alex Ramiel Pichado Francisco, Ana Yiskeila Polanco Dotel, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 19 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial