Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 17072

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de publicación das bases reguladoras da convocatoria de subvencións a persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro que actúan no campo dos servicios sociais.

No BOP de Lugo núm. 107 do venres, día 10 de maio de 2013, publícanse as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro que realizan a súa actividade no eido dos servizos sociais (área de benestar social e igualdade) para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral e sectorial e para o mantemento, conservación e reparación de pequenas infraestruturas nas cales se levan a cabo estes programas e actividades. Exercicio económico 2013, aprobadas polo Decreto da Alcaldía núm. 13004336, do 3 de maio.

O que se fai público para que produza os efectos oportunos.

Lugo, 10 de maio de 2013

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Goberno de Urbanismo