Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17675

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de información pública sobre instalación e apertura dunha explotación equina especial (expediente 02/12).

Óscar Parada Costa solicitou licenza municipal de actividade para instalación e apertura dunha explotación equina especial (expediente 02/12), que se situará no lugar do Con de Loureiro (parroquia do Grove). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo, e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

O Grove, 22 de abril de 2013

Miguel Ángel Pérez García
Alcalde