1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cedro. Número de expediente: 1850-315.
2. Obxecto do contrato. Descrición: prestación dos servizos sanitarios asistenciais de apoio ao centro municipal de drogodependencias Cedro, que inclúe a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) e a Unidade de Día (UD).
Lugar de execución: Vigo.
Prazo de execución: dous anos máis dúas prórrogas dun ano cada unha.
3. Tramitación e procedemento.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base: 1.347.827,62 euros.
5. Garantías provisionais: non se exixen.
6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil de contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo N, subgrupo 1, categoría D.
8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.
Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.
Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura de ofertas técnica e conómica. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo.
10. Outras informacións.
11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org
Vigo, 10 de maio de 2013
Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación