Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18034

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4128/2010).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4128/2010 desta sección, seguido por instancia de Laura María Benítez Pampín contra Grimpis, S.C., Jesús Mallou Baliño e Alberto Luis Veiga Suárez, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola demandante Laura María Benítez Pampín contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, nestes autos sobre reclamación de cantidade, promovido por instancia da recorrente fronte aos demandados Grimpis, S.C., Jesús Mallou Baliño e Alberto Luis Veiga Suárez, así como contra o Fogasa, debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese o destinatario Grimpis, S.C. de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Grimpis, S.C., con último domicilio coñecido na r/ Alférez Provisional, nº 6, Santiago de Compostela, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan auto ou sentenza ou emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de abril de 2013

A secretaria xudicial