Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2013 Páx. 18385

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de diversas prazas de supervisor/a de área funcional da dita xerencia.

Convocada por Resolución do 1 de febreiro de 2013 (DOG nº 39, do 25 de febreiro), a provisión de diversas prazas de supervisor/a de área funcional da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e da Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de diversas prazas de supervisor/a de área funcional da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, convocada por Resolución do 1 de febreiro de 2013 (DOG nº 39, do 25 de febreiro).

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante seleccionado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución do Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza de-sempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e a Lei 25/2009, do 22 de decembro, perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2013

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto: supervisor da Área Funcional de Psiquiatría do Hospital Psiquiátrico de Conxo.

Apelidos e nome: Áurea Paz Baña.

DNI: 33220011F.

Posto: supervisor da Área Funcional de Edificio D, Consultas Externas e Hospital Gil Casares do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: María Dolores Bahamonde Sanluís.

DNI: 35432781Q.

Posto: supervisor da Área Funcional de Calidade e Xestión de Procesos do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: María Ángeles Fernández Rodríguez.

DNI: 33268393C.