Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18681

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 14 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética na industria e servizos para o ano 2013.

Advertidos varios erros na citada resolución, publicada no DOG número 95, do 21 de maio de 2013, procédese a realizar as seguintes correccións:

Na páxina 17410, no parágrafo 4 do artigo 5.b, onde di: «Calquera outra actuación mencionada nos guións anteriores que implique un aforro enerxético mínimo dun 20 % respecto do consumo inicial», debe dicir: «Calquera outra actuación non mencionada nos guións anteriores que implique un aforro enerxético mínimo dun 20 % respecto do consumo inicial».

Na páxina 17421, no artigo 14.4), onde di: «Comarca de Ferrol», debe dicir: «Plan Ferrol, Eume e Ortegal».

Na páxina 17434, correspondente a Documentación administrativa, onde di: «Documentación adicional obrigatoria para empresas só cando non estean obrigadas a estar inscritas no Rexistro Mercantil ou ben non teñan domicilio social en Galicia», debe dicir: «Documentación adicional obrigatoria para empresas só cando non estean obrigadas a estar inscritas no Rexistro Mercantil».