Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2013 Páx. 18818

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2013 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

Para os efectos previstos no artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2013 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº: 1.

Título: convenio-addenda VII ao acordo marco de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para a coordinación de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables.

Obxecto: a elaboración e execución do proxecto piloto de instalación dunha central de microxeración en instalacións do Complexo Hospitalario de Ourense.

Sinatura: 14 de xaneiro de 2013.

Importe: 100.000 €.

Nº: 2.

Título: convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Obxecto: a participación do persoal do Inega nas actividades da EGAP e a colaboración e desenvolvemento conxunto de actividades de carácer formativo, divulgativo e investigador.

Sinatura: 15 de xaneiro de 2013.

Importe: 0,00 €.

Nº: 3.

Título: acordo de coordinación entre o ente público Portos de Galicia e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a dotación dun punto de subministración a buque de pesca con sistema de alimentación híbrida no porto de Ribeira.

Obxecto: a instalación no porto de Ribeira dun punto de subministración ao barco de pesca Gaivotiña, dotado cun sistema de alimentación eléctrico híbrido.

Sinatura: 4 de abril de 2013.

Importe: 30.000 €.

Nº: 4.

Título: convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para o apoio e asesoramento aos concellos en materia de subministración e comercialización de enerxía eléctrica e aforro enerxético.

Obxecto: crear unha Unidade de Aforro Eléctrico Local e establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Fegamp para o apoio e asesoramento aos concellos de Galicia en materia de subministración e comercialización de enerxía eléctrica e aforro enerxético.

Sinatura: 8 de abril de 2013.

Importe: 37.500 €.