Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 18946

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2013, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2013

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2013

Convenio

Importe (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Asociación de Empresarias e Profesionais da provincia de Ourense para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

31.1.2013