De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e Orde do 5 de xuño de 2012 (DOG nº 39, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,
RESOLVO:
Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento regulamentario, o posto de supervisor/a de Unidade do Hospital de día Oncoloxía e Polivalentes do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Hospital A Coruña e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).
As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados, deberán presentarse no rexistro xeral do Hospital A Coruña, dirixidas ao xerente de Xestión Integrada, no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Os interesados deberán presentar xunto coa solicitude un currículo e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.
A Coruña, 8 de maio de 2013
Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña