Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19557

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede a nomear e facer pública a composición do tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres na Comunidade Autónoma de Galicia convocados pola Orde do 23 de marzo de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 4 de abril), e pola que se fai pública a data, a hora e o lugar no que se realizará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos citados procedementos selectivos.

En cumprimento do sinalado na base común sétima da Orde do 23 de marzo de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 4 de abril), pola que se convocaban os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Nomear o tribunal que deberá xulgar a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres na Comunidade Autónoma de Galicia no anexo desta resolución.

Segundo. Indicar a data, a hora e o lugar en que se realizará a citada proba:

Data: 15 de xuño de 2013.

Hora: ás 10.00 horas.

Lugar: IES As Fontiñas, rúa de Estocolmo, 5, Santiago de Compostela (A Coruña).

Terceiro. Quedan autorizadas as comisións de servizos dos membros do tribunal que necesiten desprazarse para o exercicio de tal función, que terán dereito a percibir as axudas e gastos de viaxe de acordo coa legislación vixente. Os medios de locomoción usados serán calquera dos previstos no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (Diario Oficial de Galicia do 18 de xullo), e deberá entenderse que queda expresamente autorizado o uso de vehículos propios, de acordo co citado decreto.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2013

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

590053-Lingua e literatura galega

Tribunal único Santiago de Compostela

Titulares

Posto

NIF

Nome

Presidente titular

33783681Q

González Moreiras, Jesús Pablo

Vogal titular 1

33849708X

Castro Castedo, Xosé Manuel

Vogal titular 2

34942441J

Alonso Fernández, María Elena

Vogal titular 3

33826836T

González Guerra, Anxo

Vogal titular 4

34253182H

Rodríguez Fuentes, Emilia

Suplentes

Posto

NIF

Nome

Presidente suplente

34720883Z

Caseiro Nogueiras, Delfín

Vogal suplente 1

76364797J

Lestón Villar, Francisco Antonio

Vogal suplente 2

33306185T

García Cortón, María Remedios

Vogal suplente 3

76715290D

Gago Fernández, José Francisco

Vogal suplente 4

32431489V

Egea Lapina, Rosario