De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro).
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.
Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura de Coordinación da Área do Mar de Vigo, r/ Concepción Arenal, 8, 4º andar.
Nº de expediente: PESAN1 2012/000822-5.
Denunciado: Alfredo Felipe Branco de Almeida.
DNI: 227844122G.
Enderezo: rúa da Saudade, 16, Murtosa 3870-159, Aveiro (Portugal).
Precepto infrinxido: 137.G.6.
Sanción: 3.811 euros.
Nº de expediente: PESAN1 2012/001019-5.
Denunciado: Óscar Dios Señoráns.
DNI: 35488989N.
Enderezo: Sobrán, 15, Faxilde, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Precepto infrinxido: 137.B.2.
Sanción: 1.999 euros.
Nº de expediente: PESAN1 2012/001021-5.
Denunciado: Jaime Fontes Cores.
DNI: 35438466C.
Enderezo: rúa Rodas, 5, Vilanova de Arousa (Pontevedra).
Precepto infrinxido: 137.B.2.
Sanción: 500 euros.
Nº de expediente: PESAN1 2012/001032-5.
Denunciado: Samuel Falcón Pomares.
DNI: 35435578F.
Enderezo: rúa Max Estrella, 2, portal 1, 1º D, Vilanova de Arousa (Pontevedra).
Precepto infrinxido: 137.B.2, 138.A.1.
Sanción: 6.501 euros.
Nº de expediente: PESAN1 2012/001072-5.
Denunciado: Ángel Daniel Caride Montenegro.
DNI: 36045554T.
Enderezo: camiño Loureiro, 24, Chapela, Redondela (Pontevedra).
Precepto infrinxido: 137.B.2.
Sanción: 151 euros.
De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das ditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario, os interesados deberán recoller na antedita xefatura de coordinación da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.
Se cumpren os requisitos previstos no artigo151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifesten o compromiso de se ateren ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.
Vigo, 13 de maio de 2013
Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra