Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para a elaboración do Plan integral de turismo de Galicia 2013/2020.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 16 de maio de 2013.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizos para a elaboración do Plan integral de turismo de Galicia 2013/2020.

1.3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

1.4. Orzamento base de licitación: 60.000,00 euros, IVE excluído.

1.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 10 de maio de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 16 de maio de 2013.

c) Contratista: Valora Consultores de Gestión, S.L.

d) Importe de adxudicación: 47.100,00 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora de Axencia Turismo de Galicia