Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19661

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública (631/240/2011).

A Xunta de Goberno local na sesión que tivo lugar o día 19 de abril de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual ao Plan parcial do sector de solo urbanizable S-10 Parque Ofimático, aprobado definitivamente polo Pleno municipal o 2 de maio de 2007, segundo documentación técnica formulada pola arquitecta municipal en abril de 2013.

Segundo. Someter o documento ao trámite de información pública polo prazo dun mes mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, nos xornais de maior circulación na provincia e na páxina web do concello.

Terceiro. Ordenar a dilixencia da modificación puntual aprobada.

Cuarto. Notificarlles este acordo aos titulares catastrais, aos departamentos municipais de Xestión do Solo, Licenzas e Disciplina Urbanística, Sección de Patrimonio Urbanístico, oficina do XIS de Planeamento e á Área de Infraestruturas.

Quinto. Solicitar os informes sectoriais necesarios para a tramitación do expediente».

O expediente de modificación sométese ao trámite de información pública durante o prazo dun mes, período durante o cal calquera interesado poderá consultalo e formular as alegacións que coide oportunas. A consulta pode efectuarse no Servizo de Urbanismo, Departamento de Planeamento, sito na praza de Indalecio Prieto, 1-3, en horario laborable de luns a venres, así como na páxina web do concello.

A Coruña, 24 de abril de 2013

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo