Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20095

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (630/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 630/2011, por instancia de Adela Luján Sillero Ares contra a empresa Media Digital Press, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre de cantidade, en que recaeu sentenza con data do 2 de maio de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Adela Luján Sillero Ares contra Media Digital Press, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a Media Digital Press, S.L. a aboar á demandante a cantidade de mil vinte e seis euros con setenta e seis céntimos (1.026,76 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Media Digital Press, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de maio de 2013

A secretaria xudicial