Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20161

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

RESOLUCIÓN pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación da cesión do uso e explotación comercial dunha parte da rede pública sen fíos wifi de Ourense.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2255.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, da cesión do uso e explotación comercial dunha parte da rede pública sen fíos wifi de Ourense.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: 3 anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72510000-3.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: 52 puntos.

– Plataforma de xestión de contidos con capacidades de localización no punto de acceso: 4 puntos.

– Sistema polo que se poida manter unha área restrinxida de navegación con contidos walled garden: 4 puntos.

– Creación dun mapa on line de localizacións dos puntos de acceso wireless da rede wifi do concello: 4 puntos.

– Plataforma de xestión de usuarios: con altas, baixa e modificación de servizos: 4 puntos.

– Sistema de xestión dos consumos de cada un dos puntos de acceso: 4 puntos.

– Interconexión con outros operadores de servizos wireless: 4 puntos.

– Sistema de segmentación e xestión de usuarios en función da súa procedencia: 4 puntos.

– Plan de integración e dinamización local mediante o canal wifi: 4 puntos.

– Campañas de difusión exclusivas da zona wifi de Ourense: 4 puntos.

– Deseño e aspectos da estratexia de publicidade on line: 4 puntos.

– Descrición de todas as técnicas de publicidade on line directa ou indirecta a utilizar: 4 puntos.

– Módulo de xestión de publicidade on line no portal de acceso: 4 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 285.000,00 euros (duración inicial do contrato e posibles prórrogas).

b) Canon mínimo que terá que abonar o licitador por ano: importe neto: 57.000,00 euros. IVE: 11.970,00 euros. Importe total: 68.970,00 euros.

5. Garantías esixidas.

a) Definitiva: 8.550,00 euros.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica-financeira: a que se establece no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia técnica: a que se establece no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG, das 9.00 ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: rexistro xeral.

2. Domicilio: praza Maior núm. 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Correo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: 2 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 23 de maio de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde