Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 15 de maio de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte denominado Couto de María Isabel, solicitado a favor dos veciños da CMVMC de Cabreira, da parroquia de Cabreira, do concello de Salvaterra de Miño, e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 19 de novembro de 2012, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Salvaterra de Miño.

Parroquia: Cabreira.

Nome do monte: Couto de María Isabel.

Cabida: 825 m2 aprox. (superficie e lindes alegados na solicitude).

Lindes:

Norte: camiño de servizo e saída á estrada PO-404.

Sur: propiedades particulares de Manuel Vidal Pazos (parcela catastral 109).

Leste: propiedades particulares por muro de pedras (parcelas catastrais 100, 101,102, 103, 104, 105, 106, 108).

Oeste: camiño de servizo.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para os efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación cos montes de referencia, así como achegar cantas alegacións, documentos ou información se xulguen convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 15 de maio de 2013

Víctor Abelleira Argibay
Instrutor