Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20308

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2013 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión de dúas prazas de técnico especialista de actividades culturais, vacantes na relación de postos de traballo de persoal laboral desta universidade, convocadas por Resolución do 29 de marzo de 2011.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para a provisión de dúas prazas de técnico especialista en actividades culturais, vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral desta universidade, convocadas por Resolución do 29 de marzo de 2011 (DOG do 26 de abril), e á vista da proposta de persoas aspirantes aprobadas feita polo tribunal que xulga estas probas,

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución do 16 de xaneiro de 2012,

RESOLVE:

Facer pública a relación definitiva de persoas aprobadas nestas probas selectivas, que son as que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución, e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), a persoa interesada poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición, perante o reitor, no prazo dun mes, ou directamente recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses na forma e nas condicións que están previstas na lei reguladora da dita xurisdición, que contan a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

A Coruña, 23 de maio de 2013

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO
Relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión de dúas prazas de técnico especialista en actividades culturais vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral, convocadas pola Resolución do 29 de marzo de 2011 (DOG do 26 de abril)

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación total

32762324-C

Cordal Fustes, Jorge

Promoción interna

62,986

32822625-S

Castro de Paz, David

Libre

73,50