Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización de varios contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, que aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos:

1. Contratación administrativa da xestión do servizo público, na modalidade de concerto, denominado Organización do traballo remunerado e a formación ocupacional dos menores infractores internados en centros de reeducación, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

1.1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 26/2013.

1.2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: organización do traballo remunerado dos menores internados en centros de reeducación e a súa formación laboral, en aplicación da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, de responsabilidade penal dos menores.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 135.000,00 € (IVE exento). Este importe esta cofinanciado nun 80 % polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 71.

1.5. Formalización.

a) Data: 1.5.2013.

b) Contratista: Insergal, S.L.U.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 108.000,00 € (IVE exento).

2. Contratación de servizos para a actualización e mantemento da aplicación informática MATIASS, para o apoio técnico e formación en relación coa aplicación informática SIUSS e para o asesoramento técnico en relación coa aplicación informática PBSS.

2.1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PN 17/2013.

2.2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: actualización de contidos e mantemento da aplicación informática MATIASS como instrumento de información, apoio tecnolóxico, asesoramento técnico e formación continua dos/as traballadores/as sociais dos servizos sociais, o apoio técnico e formación dos/as traballadores/as sociais dos servizos sociais comunitarios en relación coa aplicación MATIASS e o apoio técnico para garantir un axeitado fluxo de información entre as aplicacións SIUSS e PBSS.

2.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: negociado sen publicidade (exclusividade).

2.4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 196.000,08 € (IVE incluído).

2.5. Formalización.

a) Data: 1.5.2013.

b) Contratista: Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 196.000,08 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2013

P.D. (Orden do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar