Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a formalización do contrato do servizo de custodia, xestión, integración, dixitalización e indexación das historias clínicas do arquivo único, composto polas historias clínicas activas e pasivas e toda aquela documentación clínica non integrada na historia clínica para o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo no marco dos proxectos Innova_Saúde e Hospital_2050 cofinanciado nun 70 % con fondos Feder, fondo tecnolóxico (AB-HLA1-12-017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Lugo. Rúa Doutor Ulises Romero, 1, 27003 Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-HLA1-12-017.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de custodia, xestión, integración, dixitalización e indexación das historias clínicas activas e pasivas e toda aquela documentación clínica non integrada na historia clínica para o Hospital Universitario Lucus Augusti no marco dos proxectos Innova_Saúde e Hospital_2050 cofinanciado nun 70 % con fondos Feder, fondo tecnolóxico.

c) Lotes: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72590000-7; 79560000-7.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 9 de outubro de 2012 no DOUE, 23 de outubro de 2012 no BOE e 2 de outubro de 2012 no DOG.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 2.440.677,97 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 2.440.677,97 euros.

Importe total: 2.953.220,34 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7 de marzo de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 1 de abril de 2013.

c) Contratista: Severiano Servicio Móvil, S.A.

d) Importe o canon de adxudicación: 2.440.677,97 euros (IVE excluído).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resulta ser o único licitador admitido na fase de adxudicación.

Lugo, 8 de maio de 2013

Antonio García Quintáns
Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos