Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20613

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2013 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta fundación no primeiro cuadrimestre de 2013.

Segundo o artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), establécese que «Cada consellería ou entidade remitirá ao Diario Oficial de Galicia, dentro dos primeiros vinte días dos meses de xaneiro, febreiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración, recollidos no artigo 3.1.c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, subscritos no cuadrimestre anterior».

Para dar cumprimento ao anteriormente exposto e en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2013, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2013

Álvaro César Vila
Xerente da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial
e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Achega económica da Fundación

Convenio específico para o desenvolvemento de formación en centros de traballo, subscrito co CIFP A Farixa.

25.3.2013

Sen achega

Convenio específico para o desenvolvemento de formación en centros de traballo, subscrito co CIFP A Farixa.

26.3.2013

Sen achega

Convenio específico para o desenvolvemento de formación en centros de traballo, subscrito con el CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.

18.3.2013

Sen achega

Convenio de colaboración con la USC para la realización de prácticas de alumnos do máster en fotónica e tecnoloxías do láser.

18.3.2013

Sen achega