Con data do 19 de abril de 2013, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador 2013003TA-CO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña, a José Pablo Fernández Lage, titular do establecemento Pub Tubular.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a José Pablo Fernández Lage, titular do establecemento Pub Tubular, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e obter, de ser o caso, copia, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001, ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2013
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Nº expediente: 2013003TA-CO.
Denunciado: José Pablo Fernández Lage, titular do establecemento Pub Tubular.
DNI/CIF: 32814043N.
Último enderezo coñecido: Baños Vellos, 8. Carballo.
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Precepto/s infrinxido/s: artigo 42 da Lei 8/2008; artigos 7. u), 19. 3 b) e 20.1 da Lei 28/2005, do 26 de decembro.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 601 €.