Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20916

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Betanzos (expediente IN407A 2012/205-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Vego Supermercados, S.A.

Domicilio social: Gambrinus 9-11, polígono da Grela, 15008 A Coruña.

Denominación: LMT soterrada, CS e CT de 400 kVA.

Situación: avenida Juan García Naveira, urb. Pasatempos, Betanzos.

Características técnicas: LMT soterrada de 8 m en cable RHZ1-2 OL-12/20 kV 3(1*240 Al), CT y CS en caseta prefabricada de formigón, transformador de 400 kVA, relación 15-20/0,42 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que consieren pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 9 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña