Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20896

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 30 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área do Servizo Galego de Saúde.

Advertido erro no anexo I da dita resolución, publicada no DOG nº 91, do martes 14 de maio de 2013, cómpre efectuar as oportunas correccións sen alterar o prazo de presentación de instancias.

Na páxina 15978, na especialidade Análises Clínicos, onde di:

«– Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Ciencias Químicas e acreditar a súa formación na especialidade de Análises Clínicas ou Bioquímica Clínica mediante diploma expedido pola correspondente escola de especialización ou formación completa como químico/a interno/a residente, realizado en centros acreditados ou debidamente recoñecidos, logo de superación da proba nacional selectiva que establecen as disposicións vixentes.

– Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Ciencias Biolóxicas e acreditar a súa formación na especialidade de Análises Clínicas ou Bioquímica Clínica mediante a formación completa como biólogo/a interno/a residente, realizada en centros acreditados ou debidamente recoñecidos, logo de superación da proba nacional selectiva que establecen as disposicións vixentes.»,

Debe dicir:

«– Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Ciencias Químicas e título de especialista expedido polo Ministerio de Educación Cultura e Deporte, na especialidade de Análises Clínicas ou Bioquímica Clínica.

– Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Ciencias Biolóxicas e título de especialista expedido polo Ministerio de Educación Cultura e Deporte, na especialidade de Análises Clínicas ou Bioquímica Clínica.».

Na páxina 15979, na especialidade de Farmacia Hospitalaria, o seguinte parágrafo relativo á titulación queda eliminado:

«Calquera dos seguintes títulos:

– Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e o título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Farmacia Hospitalaria.».