Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de maio de 2013 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador e de reposición da legalidade SIL/5/2013.

O 24 de abril de 2013, a instrutora do Servizo de Inspección do Litoral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística formulou proposta de resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade SIL/5/2013, que se tramita a Benito Fernández e Hijos, S.A. pola realización de obras dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre no lugar de Tragove, termo municipal de Cambados (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da proposta de resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita proposta de resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da proposta de resolución que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística