Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de maio de 2013 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente 107B 2008/105-0).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 1 de abril de 2013, unha resolución pola que se lle impón unha terceira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística 107B 2008/105-0 a María Isabel Alonso Porto como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 9 de febreiro de 2010, que ordenaba a demolición das obras de construción dunha edificación destinada a vivenda unifamiliar de 220 m2 de superficie, de planta irregular, situada na parte noroeste da parcela a unha distancia de 6,70 m do eixe do camiño agrícola que estrema coa parcela e separada do lindeiro entre 2,60 e 2,00 metros, executada con muros de bloque de formigón, tellado a dúas augas, con ocos para portas, fiestras e portón na parcela con referencia catastral 36054B514022970000LI, no lugar das Trincadeiras parroquia de Goián, no termo municipal de Tomiño, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Trancorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, e que será motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un mero acto de execución.

No caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística