Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20980

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de delegación de competencias, para a recadación de varias taxas, nesta deputación polo Concello de Verea.

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3º da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial na sesión do 26 de abril de 2013, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Verea (recadación da taxa pola prestación do servizo de subministración de auga, da taxa pola prestación do servizo de sumidoiros, tratamento e depuración de augas residuais e de xestión do canon de auga da Xunta de Galicia), nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do 19 de setembro de 1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 30 de abril de 2013

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense