Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20900

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4307/2010).

Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1 da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 4307/2010 desta sección, seguido por instancia de Stelian Jusman contra a empresa Obras y Servicios de Galicia y Asturias, S.A. (Osega, Sacyr, S.A., Hormigomar, S.L., José Antonio Cortes, S.L., UTE Carballiño, Cavosa Obras y Proyectos, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Stelian Jusman contra a sentenza ditada o 14.5.2010 polo Xulgado do Social número 2 de Ourense en autos nº 1114/2009, sobre cantidades, contra José Antonio Cortes, S.L., Obras y Servicios de Galicia y Asturias, S.A. Osega S.A., UTE Carballiño, Sacyr, S.A., Cavosa Obras y Proyectos, S.A., Hormigomar, S.L., resolución que se mantén na súa integridade».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hormigomar, S.L. e a José Antonio Cortes, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de maio de 2013

A secretaria xudicial