Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20976

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para levar a cabo parcialmente a rotonda de conexión da estrada de Santa Icía coa PP-4-R do Boial.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 14 de marzo de 2013, acordou a aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para levar a cabo parcialmente a rotonda de conexión da estrada de Santa Icía coa PP-4-R do Boial, e facer as publicacións e notificacións regulamentarias.

De conformidade co disposto no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente exponse ao público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, para o cal deberán achegar a documentación acreditativa do seu dereito no dito prazo e poderán achegar os ditames periciais que xulguen pertinentes.

O expediente pódese consultar nas oficinas da Xerencia de Urbanismo do Concello de Ferrol, sito na rúa María, números 52-54, 5º andar.

Para xeral coñecemento, e para os efectos das alegacións oportunas no dito prazo, exponse a seguinte relación de bens e dereitos que se van expropiar:

Nº de parcela

Titular catastral

Referencia catastral

Sup. total (m2)

Sup. expropiada (m2)

01

José Barreiro Moreno

María Juana Martínez Porto

4674521NJ6147N0001AR

370

2

02

María Soledad Couto Lorenzo

4674505NJ6147N0001DR

384

136

03

Ángel Pico Gómez

Ermitas Piñeiro Piñeiro

4674507NJ6147N0001IR

258

5

04

Julia Bacelo Dobarro

Juan Carlos Bacelo Dobarro

4776901NJ6147N0001KR

1.314

143

05

Francisco Dopico Fernández

José Couto Pérez

4776903NJ6147N0001DR

501

180

06

José Couto Pérez

4776904NJ6147N0001XR

930

204

Esta notificación producirá os efectos previstos no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles interesados aos cales non se lles poida practicar a notificación ou resulten descoñecidos no expediente.

Ferrol, 20 de marzo de 2013

José Manuel Rey Varela
Alcalde