Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a Decisión do 13 de maio de 2013 de non someter a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para incorporar un sistema xeral de infraestrutura contido no Plan de saneamento local da ría de Arousa (marxe dereita, concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal), Concello de Ribeira, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para incorporar un sistema xeral de infraestrutura contido no Plan de saneamento local da ría de Arousa. Marxe dereita. Concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal, Concello de Ribeira ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1518/2013

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental