Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixo 3, tema prioritario 55, do contrato de servizo para a redacción do proxecto de sinalización viaria para a rede de parques naturais de Galicia (expediente 176/2007).

O secretario xeral técnico da Consellería de Medio Rural, para os efectos previstos nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, acordou dar publicidade do cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 56, do contrato de servizo para a redacción do proxecto de sinalización viaria para a rede de parques naturais de Galicia (expediente 176/2007), mediante a Resolución do 28 de agosto de 2011, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 184, do 26 de setembro. Porén é preciso facer público que debido a un reaxuste orzamentario, e de acordo cos criterios de selección de operacións do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, este tipo de accións desenvólvense no marco do eixe 3, tema prioritario 55.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2013

P.D. (Orde do 15 de marzo de 2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas