Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Folgoso do Courel (expediente IN407A 2009/206-2, 7640 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:

Solicitante: Universidade de Santiago de Compostela.

Domicilio social: pza de Fonseca, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

Denominación: instalación eléctrica de CT 160 kVA e o seu anexo.

Situación: concello de Folgoso do Courel.

Características técnicas:

– CT en edificio prefabricado de formigón tipo PFU-4, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, cunha potencia de 160 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– LMTA a 20 kV, con orixe nun apoio existente na LMT propiedade de Unión Fenosa e final nun apoio proxectado, no cal se colocan as proteccións e se realiza un paso aéreo a soterrado, cunha lonxitude de 8 metros en condutor LA-56.

– LMTS a 20 kV, con orixe no paso aéreo a soterrado e final na cela de liña do CT, cunha lonxitude de 13 metros en condutor tipo RHZ 1-95 mm2.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 7 de maio de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo