Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21438

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 27 de maio de 2013 pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, con trámite ordinario, do contrato de servizo de apoio á tramitación e supervisión ambiental dos estudos e proxectos desta axencia (clave GA/13/045.09. AT/014/2013).

Logo de advertir que no DOG número 103, do 31 de maio, se publicou dobremente, por erro, a Resolución do 27 de maio de 2013 pola que se anunciaba a licitación do procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, trámite ordinario, do contrato de servizo de apoio á tramitación e supervisión ambiental dos estudos e proxectos da Axencia Galega de Infraestruturas (clave GA/13/045.09.AT/014/2013), cómpre facer as seguintes correccións:

1. Anúlase a RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2013 pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, con trámite ordinario, do contrato de servizo de apoio á tramitación e supervisión ambiental dos estudos e proxectos desta axencia (clave GA/13/045.09. AT/014/2013), publicada entre as páxinas 19640 e 19643.

2. Queda como única versión válida a RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2013 pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, trámite ordinario, do contrato de servizo de apoio á tramitación e supervisión ambiental dos estudos e proxectos da Axencia Galega de Infraestruturas, de clave GA/13/045.09. AT/014/2013, publicada entre as páxinas 19636 e 19639.