Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo integrado de helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra incendios forestais durante as precampañas e campañas dos anos 2013 e 2014 (expediente 06/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo integrado de helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra incendios forestais durante as precampañas e campañas dos anos 2013 e 2014.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18471

d) División por lotes e número: si, 2.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e negociado sen publicidade suxeito a regulación harmonizada (artigo 170.a) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro).

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto (lote 1): 4.309.234,40 €. Importe neto (lote 2): 8.079.020,48 €. Importe total: 12.388.254,88 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución da adxudicación: 2 de abril de 2013 (ambos os lotes).

b) Adxudicataria: Inaer Galicia, S.L.

c) Importe: lote 1: 4.301.280,00 € e lote 2: 8.079.020,48 €; importe total: o mesmo.

d) Data de formalización do contrato: 24 de abril de 2013 (ambos os lotes).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril de 2012)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar