Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21711

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 13 de xuño de 2011 pola que se acorda a publicación da normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster, aprobada no Consello Social do 5 de xuño de 2012.

Advertidos erros na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 136, do 17 de xullo de 2012, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 28452, artigo 4.1, Réxime de convocatorias, onde di: «1. Con independencia das oportunidades previstas en cada convocatoria, o alumnado poderá concorrer a un máximo de catro convocatorias para estudos de grao e dúas para o resto dos estudos de máster. Para estes efectos entenderase que os alumnos teñen dereito a unha convocatoria por curso», debe dicir: «1. Con independencia das oportunidades previstas en cada convocatoria, o alumnado poderá concorrer a un máximo de catro convocatorias para estudos de grao e máster conducentes a exercicio de profesións reguladas, e dúas para o resto dos estudos de máster. Para estes efectos entenderase que os alumnos teñen dereito a unha convocatoria por curso».